RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados dos amigables de #ANOSACANTEIRA hoxe venres e calendario da fin de semana

Varios equipos de #ANOSACANTEIRA teñen compromiso de pretemporada: Fabril, Xuvenil A, Xuvenil B e Cadete A.

Sen dúbida, o partido estrela é a visita do Fabril ao Pontevedra, hoxe venres 10 de agosto en Pasarón, nunha dura proba para os pupilos de Tito Ramallo de cara ao comezo de liga.

Nun partido igualado, venceron os locais pola mínima (1-0), aínda que o fabrilista Guillermo May fallou un penalti que puido cambiar o resultado final.

O equipo co calendario máis cargado é o Xuvenil A, con cita en San Tirso (derrota o pasado mércores por 3-0), Cee (mañá sábado 11) e O Val (domingo 12).

No caso deste último compromiso, será con motivo do Torneo Sinde's Cup no campo de Sinde do Val (Narón). O Xuvenil A mídese ao Ural en semifinais (10:30). O gañador xogará a final (19:00) ante o vencedor da outra semifinal, que disputarán ás 12:00 o Racing de Ferrol e o Celta.

As entradas custan 6 euros (xornada de mañá e tarde) ou 4 euros (ou ben para a mañá ou ben para a tarde).

Finalmente estréase o Xuvenil B cun torneo en Monforte mañá sábado 11 de agosto. O seu primeiro rival (18:30) será o CD Calasancio, conxunto anfitrión.

Tamén debutou este verán o Cadete A, concretamente hoxe venres cun partido fronte ao xuvenil A do Bergantiños (2-0). Axel realizou dobrete goleador nun encontro no que o técnico deportivista, Luis Bonilla, deu minutos a todos os seus futbolistas.

O calendario de amigables, cos resultados dos partidos xogados, é o seguinte:

Segunda División B
PONTEVEDRA 1 - FABRIL 0

Categoría xuvenil
Xogado o pasado mércores: SAN TIRSO (Rexional Preferente) 3 - XUVENIL A 0
CEE (Segunda Autonómica) - XUVENIL A, sábado 11 de agosto ás 18:00 no campo Sampaio de Refoxos (Cee)

3er Torneo Xuvenil Sinde's Cup no campo de Sinde (O Val)
Domingo 12 de agosto
Semifinal
10:30: XUVENIL A - URAL
O gañador xogará a final (19:00) fronte ao vencedor da outra semifinal (Racing de Ferrol ou Celta); e o perdedor o partido polo terceiro e cuarto posto (17:30 horas).

Torneo do CD Calasancio en Monforte
Sábado 11 de agosto
Semifinal
18:30: CD CALASANCIO - XUVENIL B
O gañador xogará a final (20:30) fronte ao vencedor da outra semifinal (Racing Villalbés ou Pabellón)

Categoría cadete
CADETE A 2 (Axel -2-) - BERGANTIÑOS A (xuvenil) 0