RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados dos amigables disputados esta semana en #ANOSACANTEIRA

O partido do Xuvenil A de División de Honra o pasado venres en Paiosaco abriu unha fin de semana de partidos de prepararación en #ANOSACANTEIRA.

Ademais do conxunto de Óscar Gilsanz, tiveron cita estoutros equipos: Fabril, Dépor ABANCA B e Xuvenil B.

Onte sábado 10 de outubro xogaron o Fabril e Xuvenil B, este último en Abegondo; e para hoxe domingo 11 quedaron o choque do Xuvenil A no campo 3 da Cidade Deportiva; e o do Deportivo ABANCA B, en Mos.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
Xogado o pasado mércores: FABRIL 4 (Álex -2-, Javi Sánchez e Mosquera) - CD ESTRADENSE 0

RACING VILLALBÉS 0 - FABRIL 1 (Rayco)

Categoría feminina
UD MOS 0 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Categoría xuvenil
Xogado o pasado venres: UD PAIOSACO H. AÑÓN 1 - XUVENIL A 2 (Do Carmo e Gabri)

XUVENIL A 1 (Do Carmo) - RACING VILLALBÉS 0

XUVENIL B 4 (Quique, Nico, Diego e Trigo) - RACING DE FERROL A 0