RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados dos dous únicos partidos oficiais esta semana en #ANOSACANTEIRA

Alevín A e Benxamín B foron os dous únicos equipos en competición oficial en #ANOSACANTEIRA, despois dunha fin de semana na que concluíron as súas ligas o Xuvenil B, Cadete A e Cadete B.

O Alevín A proclamouse onte martes en Carballo subcampión galego da categoría na modalidade de fútbol 11 ao caer (1-4) co RC Celta. Ambos os equipos accederon a esta gran final após proclamarse campións dos grupos norte e sur.

Pola súa banda, o Benxamín B, xa campión de liga, disputou hoxe mércores un partido intranscendente a nivel clasificatorio ante o Ural CF B correspondente á 15ª xornada, última da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña. O choque adiantouse á fin de semana próxima debido á participación do conxunto deportivista eses días nun torneo en Ponferrada (León).

O triunfo do Benxamín B (1-7) permitiu aos deportivistas pechar a competición con pleno de vitorias: 15 en 15 partidos xogados.

Os resultados foron os seguintes:

Categoría alevín
Final do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: ALEVÍN A 1 (Murilo) - RC CELTA 4

Categoría benxamín
15ª xornada, última: URAL CF B 1 - BENXAMÍN B 7 (José Quiroga -2-, Raúl -2-, Iago Lameiro, Pablo e Rodrigo)