RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados dos partidos oficiais en #ANOSACANTEIRA

Xuvenís e cadetes deportivistas, ademais do Infantil B, arrincaron a competición ligueira esta fin de semana. Onte sábado houbo tres partidos e hoxe domingo un.

Todos eles únense así ao Fabril, que visitou ao CD Arenteiro hoxe domingo 8 de setembro (0-0), en partido correspondente xa á 3ª xornada no grupo 1º de Terceira División.

A xornada empezou o pasado venres co triunfo do Cadete A en Abegondo (4-0) ante o Bertamiráns FC. Foi o primeiro partido do conxunto deportivista na División de Honra, da que é vixente subcampión.

O outro encontro na Cidade Deportiva foi o do Xuvenil B, que comezou a liga Nacional hoxe domingo 8 de setembro con derrota ante o Alondras CF (3-4).

Actuaron de visitantes o Xuvenil A (0-3 ao Real Avilés), o Cadete B (1-1 ante o CD Calasanz B) e o Infantil B (0-3 ao CD Obrero).

Os resultados foron os seguintes:

Terceira División
3ª xornada: CD ARENTEIRO 0 - FABRIL 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 1ª xornada: REAL AVILÉS 0 - XUVENIL A 3 (Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada)

Liga Nacional, 1ª xornada: XUVENIL B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - ALONDRAS CF 4

Categoría cadete
División de Honra, 1ª xornada: CADETE A 4 (Martín -2- e Hugo Baldomar -2-) - BERTAMIRÁNS FC 0

Liga Galega, grupo 1º, 1ª xornada: CD CALASANZ B 1 - CADETE B 1 (Matos)

Categoría infantil
Primeira Autonómica, grupo 1º, 1ª xornada: CD OBRERO 0 - INFANTIL B 3 (Adrián -2- e Íker Gil)