RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados dos partidos oficiais hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo

Xuvenís e cadetes deportivistas, ademais do Infantil B, arrancan a competición ligueira esta fin de semana. Hoxe sábado houbo tres partidos e mañá domingo un.

Todos eles únense así ao Fabril, que visita ao CD Arenteiro mañá domingo 8 de setembro (18:00 horas), en partido correspondente xa á 3ª xornada no grupo 1º de Terceira División.

Luisito, técnico fabrilista, citou aos seguintes xogadores: Boian, Álex Cobo, Eimil, Parga, Martí Vilà, Mujaid, Valín, Bourdal, Iago Novo, Kanouté, Gandoy, Villares, Aarón Sánchez, Javi Sánchez, Pedro, Jawed Boumeddane e Mario Losada.

A xornada empezou onte venres co triunfo do Cadete A en Abegondo (4-0) ante o Bertamiráns FC. Foi o primeiro partido do conxunto deportivista na División de Honra, da que é vixente subcampión.

O outro encontro na Cidade Deportiva será o do Xuvenil B, que comeza a Liga Nacional mañá domingo 8 de setembro ás 12.00 ante o Alondras CF (campo 4).

Actuaron de visitantes o Xuvenil A (0-3 ao Real Avilés), o Cadete B (1-1 ante o CD Calasanz B) e o Infantil B (0-3 ao CD Obrero).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
3ª xornada: CD ARENTEIRO - FABRIL, o domingo 8 de agosto ás 18:00 no Municipal Espiñedo do Carballiño

Categoría xuvenil
División de Honra, 1ª xornada: REAL AVILÉS 0 - XUVENIL A 3 (Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada)

Liga Nacional, 1ª xornada: XUVENIL B - ALONDRAS CF, mañá domingo 8 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría cadete
División de Honra, 1ª xornada: CADETE A 4 (Martín -2- e Hugo Baldomar -2-) - BERTAMIRÁNS FC 0

Liga Galega, grupo 1º, 1ª xornada: CD CALASANZ B 1 - CADETE B 1 (Matos)

Categoría infantil
Primeira Autonómica, grupo 1º, 1ª xornada: CD OBRERO 0 - INFANTIL B 3 (Adrián -2- e Íker Gil)