RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados dos torneos amigables de #ANOSACANTEIRA do 9, 10 e 11 de xuño

Fin de semana repleta de torneos amigables en #ANOSACANTEIRA, con especial mención para o Cadete B e Infantil B, campións.

Así, competiron o Cadete A (Moraña), Cadete B (Malpica), Infantil B (Ribeira), Alevín A (Badaxoz e Carballo), Alevín B (Azpeitia), Benxamín A (Pontevedra) e Benxamín B (San Mamed).

Ademais, unha selección de prebenxamíns doutros clubs, que a próxima temporada formará o Benxamín B do Club, participou xa como Deportivo no Torneo do Galicia Caranza.

O Alevín A cae na Primeira Fase en Badaxoz e acaba quinto en Carballo

O Alevín A, reforzado por unha selección de xogadores de varios clubs, participou no Mundialito de Badaxoz e na décimo terceira edición do Torneo Concello de Carballo.

En Badaxoz, o cadro deportivista tivo mala fortuna e caeu apeado na Primeira Fase.

O conxunto deportivista estivo a bo nivel, a pesar de que era a primeira vez que estes xogadores competían xuntos.

Os resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
Venres 9 de xuño
ALEVÍN A 1 (Álvaro Mordones) - CP ALMENDRALEJO A 1

Sábado 10 de xuño
AD EL TOMILLAR 0 - ALEVÍN A 11 (Trujillo -2-, Adrián Vila, Rodrigo -2-, Álvaro Mordones, Ayana e Boquete -4-)
ALEVÍN A 0 - AD LLERERENSE 1
AD VILLA DE MORALEJA 0 - ALEVÍN A 5 (Javi Barral -2-, Héctor, Rodrigo e Diego Boquete)

Na décimo terceira edición do Torneo Concello de Carballo, o Alevín A foi quinto.

O conxunto deportivista acabou en plena forma e gañou os tres partidos de hoxe domingo, ante Real Sociedad, Porto e Sporting de Gijón, sen encaixar un só gol.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
Venres 9 de xuño
ALEVÍN A 1 (Domínguez) - XUVENTUDE 1
PORTO 1 - ALEVÍN A 1 (Meki)

Sábado 10 de xuño
ALEVÍN A 1 (Mella) - EF LUIS CALVO 0
AFA ANGOLA 1 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 2 (Sierra e Domínguez) - REAL MADRID 2
SPORTING DE GIJÓN 0 - ALEVÍN A 1 (Zerfu)
ALEVÍN A 0 - CELTA 2

Domingo 11 de xuño
REAL SOCIEDAD 0 - ALEVÍN A 2 (Domínguez e Mella)

Partidos polo quinto posto
ALEVÍN A 2 (Zerfu e Domínguez) - PORTO 0
ALEVÍN A 4 (Noah -2- e Carlos -2-) - SPORTING DE GIJÓN 0

O Alevín B, eliminado na Segunda Fase da Azpeitia Cup

O Alevín B quedou a un paso das semifinais da Azpeitia Cup 2017, competición que se celebrou na citada localidade guipuscoana.

O conxunto deportivista superou a Primeira Fase como mellor terceiro e tivo como rivais na Fase polo Título a Atlético de Madrid, Granada e Barcelona. Gañou dous encontros, pero a derrota ante o equipo culé foi definitiva.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
Venres 9 de xuño
ANAITASUNA 0 - ALEVÍN B 6 (Samuel, Álvaro, Jorge, Óscar, Pablo e Adrián)

Sábado 10 de xuño
ALEVÍN B 2 (Lucas -2-) - PROMESAS ELCHE 1
ALEVÍN B 0 - ATHLETIC CLUB 0
ALEVÍN B 0 - GIMNÀSTIC MANRESA 1

Domingo 11 de xuño
Fase polo Título
ALEVÍN B 1 (Dani) - ATLÉTICO DE MADRID 0
ALEVÍN B 2 (Pablo e un futbolista rival en propia meta) - GRANADA 0
ALEVÍN B 1 (Álvaro) - BARCELONA 3

O Infantil B adxudícase a Copa Sálvora en Ribeira

O Infantil B proclamouse campión da undécima edición da Copa Sálvora, que se disputou no campo da Fieiteira (Ribeira, A Coruña).

O conxunto deportivista superou ao Celta en semifinais, na final anticipada.

Os resultados do cadro deportivista foron os seguintes:

Sábado 10 de xuño
Primeira Fase
INFANTIL B 7 (Trigo -2-, Baldomar -2-, Lombao, Iván e Álex González) - CCD TARAGOÑA 0
INFANTIL B 3 (Iván, Roque e Álvaro) - SÁLVORA CF 0
INFANTIL B 12 (Trigo -3-, Hugo Baldomar, Adrián Lombao, Roque, Daniel -3-, Martín e Xose -2-) - CARREIRA CF 0

Domingo 11 de xuño
Cuartos de final
INFANTIL B 2 (Iván e Adrián Lombao) - BERTAMIRÁNS 0

Semifinais
INFANTIL B 2 (Hugo Baldomar e Sergio) - CELTA B 1

Final
INFANTIL B 1 (Hugo Baldomar) - ONCE CABALLEROS 0

O Benxamín A logra a décima praza do Torneo Cidade de Pontevedra

O Benxamín A acabou en décima posición da decimonovena edición do Torneo Internacional Cidade de Pontevedra.

Os resultados do cadro deportivista foron os seguintes:

Sábado 10 de xuño
Primeira Fase
BENXAMÍN A 2 (Álex e David) - PABELLÓN CF 1
BENXAMÍN A 0 - BENFICA 2
BENXAMÍN A 2 (Rubén e Marcos) - AJ LÉREZ 2

Playoff polo título
SPORTING DE GIJÓN 1 - BENXAMÍN A 1 (Eli)
BENXAMÍN A 0 - CRISTO DE LA VICTORIA 2

Domingo 11 de xuño
Posición do 9 ao 12
BENXAMÍN A 1 (Eli) - PABELLÓN CF 0
BENXAMÍN A 1 (Álex) - VALLADOLID 2

O Cadete B gaña o Torneo Malpica Vidú

O Cadete B participou hoxe domingo 11 de xuño na primeira edición do Torneo Malpica Vidú, na citada localidade coruñesa da Costa da Morte.

O conxunto deportivista, que empeza hoxe as súas vacacións, gañou o torneo exhibindo solidez.

Os resultados do Cadete B foron os seguintes:

CADETE B 2 (Docarmo e Padín) - PONTEVEDRA 1
SELECCIÓN CORUÑESA 0 - CADETE B 2 (Concheiro -2-)
GD CHAVES 0 - CADETE B 1 (Álex Espeso)

Cuartos de final
CADETE B 1 (Pol) - SELECCIÓN COSTA DA MORTE 0

Semifinal
CADETE B 2 (Fito e Álex M.) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 0

Final
CADETE B 2 (Mario e Martínez) - SELECCIÓN CORUÑESA 1

O Benxamín B, terceiro no Torneo CD San Mamed

O Benxamín B logrou a terceira praza en San Mamed de Ribadulla, en Vedra (A Coruña), no torneo de fútbol oito que organizou o club local, o CD San Mamed.

Os penaltis nas semifinais ante o Val do Ulla impediron que o Benxamín B coásese na final.

Os resultados do equipo deportivista foron os seguintes:

RACING SAN LORENZO 0 - BENXAMÍN B 2 (Diego e Anxo)
BENXAMÍN B 8 (Isma, Diego, Anxo, Íker, David, Raúl -2- e Xabi) - SAN MAMED 0
BENXAMÍN B 6 (Marco, Isma, Nico, Raúl e Anxo -2-) - MILLADOIRO 2
VILLESTRO B 0 - BENXAMÍN B 12 (Iago -2-, Isma, Anxo, Diego -4-, Raúl -2- e Marco)

Cuartos de final
BENXAMÍN B 2 (Íker e Anxo) - PONTEVEDRA 1

Semifinal
BENXAMÍN B 1 (Guille) - VAL DO ULLA 1. A penaltis: 2-3

Partido polo terceiro posto
BENXAMÍN B 6 (Diego, Marco, Nico e Anxo -3-) - CELTA 0

O Cadete A, bronce no Torneo Internacional Concello de Moraña

O Cadete A xogou onte sábado 10 de xuño a sétima edición do Torneo Internacional Concello de Moraña.

A competición tivo como escenario o campo municipal de Mirallos.

Os resultados do Cadete A, que acabou terceiro, foron os seguintes:

Primeira Fase
CORUXO 0 - CADETE A 0. A penaltis: 2-3
CADETE A 1 (Borja) - VITORIA SPORT CLUBE 1

Partido polo terceiro posto
CADETE A 3 (Bruno, Álex e Pablo) - CELTA A 0

Unha selección de Prebenxamíns do Dépor gaña en Caranza

Unha selección de prebenxamíns do Dépor, que a próxima temporada conformará o Benxamín B branquiazul, participou onte sábado no Torneo do Galicia de Caranza, no Municipal de Caranza.

Os branquiazuis gañaron brillantemente o torneo.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
DEPORTIVO 6 (Pablo, Paulo, Mauro, Yago Trigo, Iago Vázquez e Joan) - ONCE CABALLEROS 1
DEPORTIVO 1 (Uxío) - NARÓN FREIXO 0
GALICIA CARANZA 1 - DEPORTIVO 5 (Paulo -3-, Uxío e Joaquín)

Cuartos de final
DEPORTIVO 9 (Yago Vázquez -3-, Adrián, Mario, Nico, Yago Trigo e Joan -2-) - OZA JUVENIL 0

Semifinal
DEPORTIVO 4 (Pablo, Paulo, Joan e Yago Trigo) - VICTORIA 2

Final
DEPORTIVO 4 (Nico, Adrián, Paulo e Pablo) - SANTA CRUZ 0