RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados dos torneos amigables hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA e calendario de mañá domingo

Mentres que o Benxamín B prosegue con paso firme o seu camiño na Barrinha International Cup en Portugal, o Infantil A xa está en oitavos de final da Levante Cup.

Tamén hoxe entrou en acción o Benxamín A no Trofeo Viajes Clae Cidade de Vilagarcía. Os deportivistas están moi preto de pasar á Fase polo Título.

Para mañá domingo queda a participación do Alevín A no Torneo Talleres Castiñeira no campo do Vao (Vigo), competición organizada polo Coruxo FC.

O Benxamín B, en semifinais da Barrinha International Cup

O Benxamín B participa desde o pasado xoves 21 de xuño na Barrinha International Cup 2018, competición organizada polo Sporting Clube Esmoriz no Estadio da Barrinha de Esmoriz (Portugal). O obxectivo branquiazul é revalidar o título logrado en 2017 ante as mellores canteiras lusas.

O conxunto deportivista xa está en semifinais, que xoga mañá domingo 24 de xuño fronte ao Boavista.

O calendario de partidos, sempre en horario luso (unha hora máis en España), cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase

Xoves 21 de xuño
CF OS BELENENSES 0 - BENXAMÍN B 1 (Ronquete)
BENXAMÍN B 11 (Caaveiro -2-, Ioan -2-, Trigo -2-, Paulo -3-, Mauro e Ronquete) - UNIÃO FCI TOMAR 0

Venres 22 de xuño
BENXAMÍN B 8 (Ronquete -2-, Mauro, Caaveiro, Ioan, Uxío, Nico e Cristian) - ANADIA FC 0
BENXAMÍN B 12 (Trigo -2-, Cristian -2-, Paulo -2-, Caaveiro, Ronquete, Uxío, Gael, Ioan e Nico) - CG PARAMOS 0

Sábado 23 de xuño
BENXAMÍN B 8 (Ioan -2-, Caaveiro, Mauro, Ronquete -2-, Gael e Uxío) - CD PAÇOS DE BRANDÃO 0

Domingo 24 de xuño
Semifinais
11:00: BENXAMÍN B - BOAVISTA

O Infantil A clasificouse para a Fase Final do Levante Cup

O Infantil A, subcampión galego, compite na Levante Cup 2018, un torneo de fútbol 11 que se disputa en Almería, en catro sedes (Garrucha, Mojácar, Turre e Vera), desde onte venres 22 a mañá domingo 24 de xuño.

O sorteo do calendario de competición foi onte, no transcurso do acto de presentación dos participantes.

Na Primeira Fase, o Infantil A quedou encadrado no grupo B, co CD Tiro Pichón, Águilas FC e FC Cartagena B. Pasou como primeiro de grupo aos oitavos de final.

O calendario do Infantil A, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
CD TIRO PICHÓN 2 - INFANTIL A 3 (Hugo Baldomar -2- e Álex González)
INFANTIL A 3 (Quique -2- e Xosé) - ÁGUILAS FC 0
INFANTIL A 1 (Dani) - CARTAGENA B 0

Domingo 24 de xuño
Fase polo título
Oitavos de final
9:00: INFANTIL A - CD MOJÁCAR

O Benxamín A examina as súas forzas no Torneo Clae Cidade de Vilagarcía

O Benxamín A, na recta final da súa temporada, examina esta fin de semana as súas forzas con motivo da 7ª edición do Torneo Clae Viajes Cidade de Vilagarcía, competición que se desenvolve no campo Manuel Jiménez de Vilagarcía de Arousa.

Na Primeira Fase, o cadro que dirixe Pablo Barros e actual campión galego, quedou encadrado no grupo F, co Antiguoko Kirol Elkartea, CD Laguna, CD Covadonga, Atlético Perines e CDA Navalcarnero.

O calendario da Primeira Fase, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 23 de xuño
BENXAMÍN A 2 (Guille e Íker) - CD LAGUNA 1
BENXAMÍN A 2 (Balbas) - CD COVADONGA 0
BENXAMÍN A 0 - ATLÉTICO PERINES 0
BENXAMÍN A 3 (Janusz, Guille e Anxo) - CDA NAVALCARNERO 0

Domingo 24 de xuño
9:00: BENXAMÍN A - ANTIGUOKO KIROL ELKARTEA (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que arrancan ás 10:30 horas.

O Alevín A pelexa mañá pola 12ª edición do Torneo Talleres Castiñeira

O Alevín A parte como un dos favoritos á medalla de ouro da 12ª edición do Torneo Talleres Castiñeira, cuxa Fase Final se xoga mañá domingo 24 de xuño no campo vigués do Vao, organizado polo Coruxo FC.

O conxunto branquiazul quedou encadrado na primeira parte da competición no grupo C, co Rápido de Bouzas, ED Val Miñor e Independiente CF.

O calendario de partidos do Alevín A é o seguinte:

Primeira Fase
11:30: ED VAL MIÑOR - ALEVÍN A (campo 1)
13:00: ALEVÍN A - INDEPENDIENTE (campo 2)
16:00: ALEVÍN A - RÁPIDO DE BOUZAS (campo 2)

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que comezan ás 17:15; mentres que os outros dous equipos xogarán unha Fase de Consolación, esta a partir das 18:15 horas.