RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados dos torneos amigables hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo

Sábado chuvioso e de torneos amigables para #ANOSACANTEIRA.

Os infantís clasificáronse para oitavos e cuartos de final respectivamente en Cerdanyola e Hazebrouck (Francia); o Alevín A está a un paso das semifinais en Carballo, que xa alcanzou o Benxamín A en Pontevedra; e un equipo de prebenxamíns do Dépor, futuro Benxamín B do Club, proclamouse campión do Torneo Barrio de Caranza.

Mañá domingo será o Benxamín B o que complete a participación deportivista en Caranza.

O Alevín B, apeado na Primeira Fase da Azpeitia Cup

O Alevín B quedou apeado na Primeira Fase da Azpeitia Cup 2018, torneo que se celebra na citada localidade guipuscoana esta fin de semana.

O cadro que prepara Alberto Suárez quedou encadrado na Primeira Fase no grupo A, co Real Madrid, Yokohama Mariños (Xapón), Athletic Club e Lagun Onak.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
Venres 8 de xuño
REAL MADRID 4 - ALEVÍN B 1 (Dani)

Sábado 9 de xuño
ALEVÍN B 1 (Rubén) - YOKOHAMA MARIÑOS 3
LAGUN ONAK 0 - ALEVÍN B 4 (Dani -2-, Eli e Bruno)
ALEVÍN B 3 (Rubén, Jorge e Bruno) - ATHLETIC CLUB 1

O Infantil A pelexa mañá os oitavos de final da Cerdanyola Cup

O Infantil A participa na Cerdanyola Cup 2018, 4º Memorial Marc Badia de fútbol 11, que se xoga nas instalacións de Bòbila e Pinetons de Cerdanyola do Vallès (Barcelona).

O conxunto deportivista disputará mañá domingo os oitavos de final fronte ao Zaragoza.

O calendario de partidos do Infantil A, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase

Sábado 9 de xuño
INFANTIL A 2 (Hugo Baldomar e Joel) - UE SANTS 0
CERDANYOLA C 0 - INFANTIL A 3 (Joel -2- e Martín)
INFANTIL A 0 - LEVANTE UD 1

Domingo 10 de xuño

Oitavos de final

11:50: INFANTIL A - ZARAGOZA

Un equipo infantil do Dépor, xa en cuartos de final do torneo do ASC Hazebrouck

Un equipo infantil do Deportivo xoga mañá domingo os cuartos de final do torneo organizado polo ASC Hazebrouck na localidade de Hazebrouck (Francia).

O calendario do Deportivo, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 9 de xuño
DEPORTIVO 6 (Domínguez -2-, Mella, Carlos, Sierra e Marcote) - ASC HAZEBROUCK 0
DEPORTIVO 7 (Yago -3-, Mella, Domínguez, Carreira e Marcote) - LAARBEEK UNITED 0
DEPORTIVO 1 (Carlos) - SC HAZEBROUCK 0

Domingo 10 de xuño

Cuartos de final

10:45: DEPORTIVO - STADE BETHUNOIS FC

O Alevín A finaliza mañá domingo a Primeira Fase do Torneo Concello de Carballo

O Alevín A, após o seu brillante paso por LaLiga Promises a pasada fin de semana, regresou á competición hoxe sábado 9 de xuño coa disputa da 14ª edición do Trofeo Concello de Carballo de fútbol 7, organizado polo Club Escolas Calvo no campo das Eiroas.

O torneo xógase baixo o sistema de liga todos contra todos. Os 4 primeiros clasificados pasan ás semifinais, das que sairán os dous finalistas aspirantes ao título.

Comparten cartel co conxunto deportivista os seguintes equipos: Sporting de Gijón, Selección Costa da Morte, Celta, Oviedo, Calasanz, AFA Angola, Luís Calvo e Real Sociedad.

O calendario do Alevín A, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 9 de xuño
Primeira Fase
AFA ANGOLA 2 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 2 (Pablo e Samuel) - SPORTING DE GIJÓN 0
CALASANZ 0 - ALEVÍN A 1 (Guerrero)
ALEVÍN A 0 - OVIEDO 4
REAL SOCIEDAD 0 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 1 (Lucas) - CELTA 0

Domingo 10 de xuño
9:30: EF LUÍS CALVO - ALEVÍN A (campo 1)
11:15: ALEVÍN A - SELECCIÓN COSTA DA MORTE (campo 1)

O Sevilla, rival do Benxamín A en semifinais do Torneo Cidade de Pontevedra

O Benxamín A, vixente campión galego, dá lustre ao cartel da 20ª edición do Torneo Cidade de Pontevedra de fútbol 7, que se xoga nos campos da Xunqueira (Pontevedra).

O conxunto que prepara Pablo Barros xa está en semifinais, que serán mañá domingo 10 de xuño.

O calendario de partidos do equipo branquiazul é o seguinte:

Sábado 9 de xuño
Primeira Fase
BENXAMÍN A 0 - SPORTING CLUBE DE PORTUGAL 1
BENXAMÍN A 2 (Anxo e Íker) - ED VAL MIÑOR 2

Fase polo título

PORTEIRO '2000' 1 - BENXAMÍN A 6 (Íker -2-, Diego, Nico, Pablo e Leandro)

REAL SOCIEDAD 0 - BENXAMÍN A 2 (Nico e Janusz)

Domingo 10 de xuño

Semifinal

11:00: BENXAMÍN A - SEVILLA

Dobre representación deportivista no Torneo Barrio de Caranza

Dous equipos branquiazuis compiten esta fin de semana no Torneo Barrio de Caranza, competición organizada no Municipal de Caranza (Ferrol) polo Galicia Caranza.

O Deportivo participou en categoría prebenxamín, neste caso hoxe sábado 9 de xuño, cunha selección formada por estes xogadores: Lucas López, José Quiroga, Iago Varela e Javier Seoane (Ural); Iago Rey e Raúl Lema (Luís Calvo); Iago Lameiro (Santa Cruz); Alberto D. Onuegbu (Imperátor); Adrián Sánchez (Cordeiro); Antón Caamaño (San Tirso); Gabriel Abruñedo (Raio Sadense); Óscar Sánchez (Olímpico de Rutis); Hugo Chamadoira (Portero 2000); e Thiago I. Montes (Atlético Coruña Montañeros). Estes xogadores poderían formar o Benxamín B da próxima temporada.

O conxunto branquiazul foi un brillante vencedor, con estes resultados:

Primeira Fase

DEPORTIVO 14 (Raúl -3-, José -2-, Iago José -2-, Iago Lameiro, Iago Rey, Óscar, Thiago, Adrián, Alberto e Antón) - EUME DEPORTIVO 0
VICTORIA 1 - DEPORTIVO 2 (Raúl e Javi)
DEPORTIVO 4 (Hugo -2-, Iago Rey e Iago Lameiro) - RACING DE FERROL 1
RACING DE SAN PEDRO 0 - DEPORTIVO 6 (Antón -3-, Hugo -2- e Thiago)

Cuartos de final

DEPORTIVO 11 (Hugo -2-, Óscar -2-, Iago Rey, Iago Lameiro, Iago José -2-, Alberto, Thiago e Javi) - LUÍS CALVO 0

Semifinal

DEPORTIVO 5 (Hugo -2-, Iago Lameiro, Óscar e Antón) - SANTA CRUZ 0

Final

GALICIA CARANZA 2 - DEPORTIVO 3 (Hugo -2- e Adrián)

Ademais, mañá domingo 10 de xuño, o Benxamín B quedou encadrado na Primeira Fase no grupo C, co Racing de Ferrol, Galicia de Mugardos e CD Calasanz.

O calendario de partidos do conxunto deportivista é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: CD CALASANZ - BENXAMÍN B (campo 2)
13:30: BENXAMÍN B - RACING DE FERROL (campo 2)
16:30. GALICIA DE MUGARDOS - BENXAMÍN B (campo 1)

O primeiro clasificado de grupo e os dous mellores segundos dos 6 grupos accederán a cuartos de final, que se xogan a partir das 18:00 horas.