RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Medalla de ouro en Noja, Caranza, Ponferrada e San Tirso

- O Benxamín A gañou a Hitachi Air Cup após eliminar ao Real Madrid en semifinais e bater ao Celta na final -

ANOSACANTEIRA competiu ao longo desta fin de semana en Noja (Cantabria), Ponferrada, Calamocha (Teruel), Vilagarcía de Arousa, Caranza (Ferrol), Catoira (Pontevedra) e San Tirso.

Subiron ao máis alto do podio o Infantil A na Villa de Noja Cup; o Benxamín A no Torneo Barrio de Caranza e a Hitachi Air Cup de San Tirso; un equipo prebenxamín no Torneo Barrio de Caranza; e o Benxamín B no Trofeo Cidade de Ponferrada. Ademais, un equipo alevín branquiazul foi subcampión deste último torneo na cidade berciana, após caer na quenda de penaltis da final co Atlético de Madrid.

Dous equipos branquiazuis gañaron o Torneo Barrio de Caranza 2019

Dous equipos do RC Deportivo foron campións nas súas categorías do Torneo Barrio de Caranza 2019: o Benxamín A e un equipo de prebenxamíns.

En categoría prebenxamín, o Deportivo acudiu hoxe domingo 2 de xuño con estes futbolistas dirixidos por Darío Cotelo:

Porteiros: Alejandro Pais (CD Calasanz) e Brais Taín (Victoria CF)

Defensas: Jesús López (CA Fátima), Sergio Infante (CD Calasanz), Mateo Pombo (Atlético Arteixo), Nicolás Torres (Atlético Coruña Montañeros CF) e Antón Vilariño (Imperátor OAR)

Centrocampistas e atacantes: Gonzalo Teijeiro (Atlético Coruña Montañeros CF), Leo Sánchez (Ural CF), Hugo Caridad (Ural CF), Yael López (SD Órdenes), Mario González (CD Calasanz), Íker Obeso (Ural CF), Thiago Montes (Atlético Coruña Montañeros CF) e Mateo Suárez (Olímpico de Rutis CF).

Os branquiazuis anotaron en 6 partidos 56 goles e só recibiron 1.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
DEPORTIVO 12 (Leo Sánchez -2-, Thiago Montes, Hugo Caridad, Íker Obeso -2-, Yael López -2-, Mario González, Sergio Infante e Mateo Suárez -2-) - RACING DE SAN PEDRO 0
SDCR ÁNIMAS 0 - DEPORTIVO 10 (Nico Torres, Yael López, Antón Vilariño -2-, Íker Obeso, Mateo Pombo, Jesús López -2-, Hugo Caridad e Mario González)
DEPORTIVO 12 (Nico Torres, Mateo Suárez, Mario González -3-, Yael López, Hugo Caridad, Íker Obeso -2- e Thiago Montes -4-) - AD MIÑO 0

Cuartos de final
DEPORTIVO 10 (Mateo Suárez, Leo Sánchez -2-, Íker Obeso -2-, Yael López -2-, Jesús López e Mateo Pombo -2-) - CD CARIÑO 0

Semifinal
DEPORTIVO 7 (Antón Vilariño, Thiago Montes -2-, Mateo Pombo -3- e Íker Obeso) - ATLÉTICO SAN PEDRO 0

Final
DEPORTIVO 5 (Thiago Montes -2-, Nico Torres, Mateo Suárez e Yael López) - CD CALASANZ B 1

Onte sábado 1 de xuño, o Benxamín A alzouse co título despois de 6 partidos gañados e só un gol en contra.

Os resultados do conxunto deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 5 (Paulo -2-, Joaquín, Uxío e Íker) - SD RIBADEO B 0
BENXAMÍN A 8 (Yago Trigo -3-, Íker, Pablo, Paulo, Mauro e Joaquín) - ÁNIMAS SDCR 0
GALICIA CARANZA E 0 - BENXAMÍN A 6 (Uxío -2-, Paulo -2-, Íker e un futbolista rival en propia meta)

Cuartos de final
BENXAMÍN A 5 (Paulo, Íker, Mauro, Joaquín e Nico) - CD CALASANZ B 0

Semifinais
BENXAMÍN A 4 (Joaquín, Mauro, Íker e Gael) - RÁPIDO DE NEDA 0

Final
BENXAMÍN A 2 (Yago Trigo e Paulo) - OZA JUVENIL SD 0

O Infantil A, campión da Vila de Noja Cup

O Infantil A xogou na localidade cántabra de Noja a Villa de Noja Cup.

O conxunto deportivista foi brillante campión após superar hoxe domingo ao Zaragoza (cuartos de final), Real Sociedad (semifinais) e Bansander (final).

Os resultados do Infantil A foron os seguintes:

Sábado 1 de xuño
INFANTIL A 3 (Marco Baña, Domínguez e Manu Berrocal) - JUVENTUD ESTADIO 0
INFANTIL A 0 - ATLÉTICO PERINES 1
REAL RACING CLUB 0 - INFANTIL A 0
INFANTIL A 1 (Domínguez) - BASKONIA FE 0

Domingo 2 de xuño
Cuartos de final
INFANTIL A 2 (Mella e Martín) - REAL ZARAGOZA 0

Semifinal
INFANTIL A 3 (Carlos -2- e Pedro) - REAL SOCIEDAD 1

Final
INFANTIL A 1 (Pedro) - BANSANDER 0

O Alevín B, eliminado polo Sevilla en cuartos de final da Jamón Cup en Calamocha (Teruel)

O Alevín B competiu na localidade de Calamocha (Teruel) na 5ª edición da Jamón Cup.

O conxunto deportivista foi apeado en cuartos de final por un dos 'grandes', o Sevilla CF.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Sábado 1 de xuño
VIC RIUPRIMER REFO FC 0 - ALEVÍN B 0
WAKATAKE FC 1 - ALEVÍN B 3 (Diego -2- e Nico Ruiz)
ATLÉTICO DE MADRID 2 - ALEVÍN B 1 (Pablo)
SD HUESCA 0 - ALEVÍN B 4 (Diego -2-, Janusz e Borja Cortegaza)

Domingo 2 de xuño
COLEGIO MARIANISTAS 0 - ALEVÍN B 10 (Balbas -2-, Rubén -2-, Anxo, Borja, Guillermo, Xabi, Nico e Diego)

Cuartos de final
ALEVÍN B 1 (Guillermo) - SEVILLA CF 5

A Hitachi Air Cup foi para o Benxamín A

O Benxamín A, que se impuxo onte sábado no Torneo Barrio de Caranza, adxudicouse tamén hoxe domingo 2 a Hitachi Air Cup no campo do Monte en Abegondo.

O conxunto deportivista non acusou o cansazo nin a acumulación de partidos e ademais estivo máis certeiro que o Real Madrid e o RC Celta na quenda de penaltis da semifinal e a final respectivamente.

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 2 (Pablo Ronquete e Paulo) - URAL CF 1
BENXAMÍN A 4 (Paulo -2-, Gael e Pablo Ronquete) - SPORTING CORUÑÉS SD 1
BENXAMÍN A 2 (Paulo e Iago Vázquez) - CD LUGO 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 7 (Joaquín, Mauro, Pablo Ronquete, Íker, Paulo, Uxío e un futbolista rival en propia meta) - RACING DE FERROL 0

Semifinal
BENXAMÍN A 2 (Nico e Íker) - REAL MADRID 2. A penaltis: 2-1

Final
BENXAMÍN A 1 (Uxío) - RC CELTA 1. A penaltis: 3-1

Bronce para un equipo infantil do Dépor no Torneo Vikingo 2019

Un equipo infantil do Deportivo participou hoxe domingo 2 de xuño no Torneo Vikingo 2019 no campo das Lombas de Catoira (Pontevedra).

O Dépor logrou a medalla de bronce, após caer na quenda de penaltis das semifinais co EFB Vilanova e derrotar ao Cordeiro CF na final de consolación.

Os resultados do conxunto deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase
DEPORTIVO 3 (Dani, Pablo e Óscar) - TARAGOÑA CF 0
DEPORTIVO 5 (Pablo -2-, Oreiro -2- e Samuel) - AF-7 0

Cuartos de final
DEPORTIVO 4 (Oreiro -2-, Samuel e Pablo) - CATOIRA SD 1

Semifinal
DEPORTIVO 1 (Dani Estévez) - EF VILANOVA 1. Por penaltis: 2-3

Final de consolación
DEPORTIVO 4 (Diego, Óscar, Oreiro e Pablo) - CORDEIRO CF 0

O Alevín A acaba noveno da Arousa Fútbol 7

O Alevín A competiu nunha das citas estrela da súa programación de torneos amigables, a Arousa Fútbol 7 no campo da Senra (Ribadumia).

O conxunto deportivista disputou hoxe domingo a Fase de Consolación. Superou ao Maccabi Frankfurt e acabou en 9ª posición.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Venres 31 de maio
Primeira Fase
ALEVÍN A 3 (Murilo, Brais e Raúl) - VILLARREAL CF 0
ED VAL MIÑOR 0 - ALEVÍN A 2 (Murilo -2-)

Sábado 1 de xuño
AFC AJAX 3 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 1 (Marcos) - RAYO VALLECANO 2

Domingo 2 de xuño
Fase de Consolación, postos do 9 ao 12
ALEVÍN A 3 (Marcos -2- e Samuel) - MACCABI FRANKFURT 1

O Dépor sobe ao podio no Trofeo Ciudad de Ponferrada

Un equipo alevín do Dépor e o Benxamín B participaron onte sábado na 24 edición do Torneo Ciudad de Ponferrada, organizado polo CD La Morenica nos campos Ramón Martínez (Ponferrada).

Os dous equipos subiron ao podio e culminaron un gran torneo.

En categoría alevín, o Dépor caeu na final ante o Atlético de Madrid na quenda de penaltis. Ao final do tempo regulamentario houbo empate (1-1) entre os dous mellores equipos do torneo.

Os resultados do equipo deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase
CD LA MORENICA A 0 - DEPORTIVO 4 (Rubén, Jorge, Xenxo e Bruno)
DEPORTIVO 8 (Íker -2-, Xenxo -2-, Rubén, Jorge, Jacobo e Hugo) - CD FEMENINO PONFERRADINA 0
CD SAN IGNACIO 0 - DEPORTIVO 6 (Íker -2-, Xenxo, Jorge, Álvaro e Jacobo)

Cuartos de final
DEPORTIVO 2 (Rubén e Íker) - SD PONFERRADINA 0

Semifinal
DEPORTIVO 2 (Raúl e Rubén Trillo) - PUENTE CASTRO FC 0

Final
DEPORTIVO 1 (Xenxo) - ATLÉTICO DE MADRID 1. Por penaltis: 3-4

Pola súa banda, o Benxamín B adxudicouse con brillantez o título, após derrotar na gran final ao Puente Castro FC (2-0).

O calendario do equipo deportivista é o seguinte:

Primeira Fase
CD LA MORENICA B 0 - BENXAMÍN B 7 (Martín Forján -2-, Iago Lameiro -2-, Lucas Vázquez -2- e Nico)
ATLÉTICO BIERZO 0 - BENXAMÍN B 7 (Iago Lameiro -2-, Martín Forján -2-, Pablo Vara e Iago Varela e Rodrigo)
CDF PEÑA LEÓN 1 - BENXAMÍN B 5 (Iago Lameiro -3-, Raúl e José Quiroga)

Cuartos de final
BENXAMÍN B 4 (José Quiroga -2-, Hugo e Pablo Vara) - CD LA MORENICA A 0

Semifinal
BENXAMÍN B 5 (Iago Lameiro -2-, Martín Forján, Rodrigo e Hugo) - SD PONFERRADINA A 1

Final
BENXAMÍN B 2 (Hugo e Pablo Vara) - PUENTE CASTRO FC 0