RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados dos torneos da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Foto: - @SDP_1922 -

Finalizou hoxe domingo unha nova fin de semana con varios torneos amigables en #ANOSACANTEIRA.

Competiron o Infantil en Ponferrrada (subcampión do Torneo do Centenario da SD Ponferradina), o Alevín A en Azpeitia (semifinalista da Fase de Copa da Azpeitia Cup), o Fabril FC Alevín en Alemaña (sétimo na André Schürrle Trophy 2022), o Benxamín A en Vigo (subcampión do Trofeo Talleres Castiñeira) e o Fabril FC Benxamín en Burela (eliminado a un paso das semifinais da Marosa Cup).

A maiores, hoxe domingo o Orzán SD Xuvenil Feminino colgouse a medalla de bronce na 1ª edición do Trofeo Cidade de Ponferrada.

O Orzán SD Xuvenil Feminino, terceiro no I Torneo Cidade de Ponferrada

O Orzán SD Xuvenil Feminino participou hoxe domingo 26 de xuño na 1º edición do Torneo Cidade de Ponferrada, que se disputou nas Instalacións Municipais Ramón Martínez.

O rival en semifinais foi o CD Olímpico de León. Houbo empate (2-2) ao final do partido e as leonesas pasaron á final na quenda de penaltis: 4-2.

Na final de consolación, ante a SD Ponferradina, o choque tamén finalizou en Igualada (2-2) pero neste caso as orzanistas estiveron máis atinadas que as bercianas: 3-2.

Con este encontro, o Orzán SD Xuvenil Feminino puxo o punto final á temporada 2021-2022.

Os resultados das orzanistas foron os seguintes :

Domingo 26 de xuño
Semifinal
CD OLÍMPICO DE LEÓN 2 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 2 (Laura Otero e Daniela Agilda). A penaltis: 4-2

Final de consolación
ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 2 (Laura Otero e Noe Gómez) - SD PONFERRADINA 2. A penaltis: 3-2

O Infantil, subcampión do Torneo Internacional Centenario da SD Ponferradina

O Infantil, que o pasado xoves 23 proclamouse campión galego, coouse nos actos de celebración do centenario da SD Ponferradina. Así, os branquiazuis participaron no I Torneo Internacional Centenario que se celebrou no campo Vicente del Bosque de Ponferrada.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo B coa SD Ponferradina, o ENPPI Club exipcio e o Club Atlético Bembibre. Despois dun empate, unha derrota e unha vitoria no grupo, o Infantil eliminou en cuartos de final ao ENPPI exipcio, en semifinais ao RC Celta e hoxe xogou a gran final ante o Sporting de Gijón. Os asturianos levaron o primeiro posto pola mínima (1-2). 

Os resultados do Infantil foron os seguintes:

Fase de Grupos

Venres 24 de xuño
ENPPI CLUB 0 - INFANTIL 0
INFANTIL 1 (Lucas) - SD PONFERRADINA 2

Sábado 25 de xuño
INFANTIL 5 (Íker Casuso, Borja, Diego, Marcos e Janusz) - ATLÉTICO BEMBIBRE 0

Cuartos de final
INFANTIL 0 - ENPPY CLUB 0. A penaltis: 3-1

Semifinal
INFANTIL1 (Frank) - RC CELTA 0

Domingo 26 de xuño
Final
INFANTIL 1 (Frank) - SPORTING DE GIJÓN 2

O Alevín A caeu en semifinais da Fase de Copa da Azpeitia Cup

O Alevín A desprazouse esta fin de semana ao País Vasco para disputar a Azpeitia Cup. Levante UD, Getafe CF, CD Primer Toque, Antiguoko KE e CD Anaitasuna foron os rivais iniciais e hoxe domingo, o cadro branquiazul disputou a Fase de Copa ante CD Leganés, Lagun Onak e UD Sanse.

Despois de tres vitorias e lograr o pase a semifinais desta fase, o Alevín A caeu nos penaltis ante o Deportivo Alavés. Ao final do tempo regulamentario chegouse con igualada a dous goles.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
Venres 24 de xuño
ANTIGUOKO KE 0 - ALEVÍN A 1 (Sergio)

Sábado 25 de xuño
ALEVÍN A 0 - LEVANTE UD 0
ALEVÍN A 2 (Gabri e José Quiroga) - CD ANAITASUNA 1
ALEVÍN A 0 - GETAFE CF 2
ALEVÍN A 0 - CD PRIMER TOQUE 2

Domingo 26 de xuño
Fase de Copa
ALEVÍN A 2 (Lucas Vázquez e Gabri) - CD LEGANÉS 0
ALEVÍN A 1 (Lucas Vázquez) - LAGUN ONAK 0
ALEVÍN A 3 (Iago Lameiro, Guille e Sergio) - UD SANSE 1

Semifinais
ALEVÍN A 2 (Gabri -2-) - DEPORTIVO ALAVÉS 2. A penaltis: 2-4

O Fabril FC Alevín acaba sétimo na André Schürrle Trophy 2022

O Deportivo regresou a Alemaña. Se hai uns días o Fabril FC Benxamín disputou varios torneos en Colonia, o Fabril FC Alevín competiu esta fin de semana na localidade de Pforzheim no André Schürrle Trophy 2022.

O conxunto fabrilista quedou encadrado no grupo 6 da Primeira Fase co SGV Freiberg, TSF Ditzingen, Eintracht Frankfurt e SpVgg Darlach-Aue.

Após superar este grupo e unha Segunda Fase, o Fabril FC Alevín clasificouse para a Fase de Champions hoxe domingo.

Nesta nova parte da competición, os fabrilistas acabaron na sétima praza dun torneo que se adxudicou a Juventus de Turín.

Os resultados do Fabril FC Alevín foron os seguintes:

Sábado 25 de xuño

Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Thiago Montes -2- e Javi Barral) - SPVGG DARLACH-AUE 0
EINTRACHT FRANKFURT 0 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Thiago Montes)
SV ZIMMERN 1 - FABRIL FC ALEVÍN 5 (Javi Barral -3-, Íker Obeso e Thiago Montes)
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Thiago Montes, Íker Obeso e Javi Barral) - SGV FREIBERG 0

Segunda Fase
FABRIL FC ALEVÍN 0 - RED BULL SALZSBURGO 4
FABRIL FC ALEVÍN 5 (Thiago Montes -2-, Íker Obeso -2- e Javi Barral) - SG DORNSTETTEN 0

Domingo 26 de xuño

Fase de Champions
FABRIL FC ALEVÍN 1 (David Gómez) - SL BENFICA 0
KICKERS OFFENBACH 2 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Daniel Alonso)
FABRIL FC ALEVÍN 0 - MÈSZÖLY FOCISULI SE 1
FABRIL FC ALEVÍN 0 - LAUSANNE SPORTS BLUE 2
WALDHOF MANNHEIM 1 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Javi Barral -2-)

O Benxamín A, subcampión do Trofeo Talleres Castiñeira

O Benxamín A participou na XIV edición do Torneo Internacional Talleres Castiñeira, onte sábado 25 de xuño organizado polo Coruxo FC no campo de O Vao (Vigo).

O Coruxo FC, Escola Denis Suárez, Pabellón Ourense CF e Rápido de Pereiró FC foron os rivais dos branquiazuis na Primeira Fase. 

Despois de superar esta fase como campión e de eliminar ao CD Conxo Santiago e CD Lugo en cuartos de final e semifinal respectivamente, o Benxamín A mediuse ao RC Celta na final. Houbo igualada (2-2) no tempo regulamentario e os celestes colgáronse o ouro ao estar máis acertados na quenda de penaltis (2-3).

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 4 (Hugo Macedo -2-, Hugo Luaces e Álvaro Gómez) - ESCOLA DENIS SUÁREZ 2
BENXAMÍN A 7 (Nacho Villanueva -2-, Hugo Pousa -2-, Hugo Luaces, Martín López e David Gómez) - CORUXO FC 0
PABELLÓN OURENSE CF 1 - BENXAMÍN A 4 (Nacho Villanueva -2-, Álvaro Gómez e Martín López)
RÁPIDO DE PEREIRÓ FC 0 - BENXAMÍN A 5 (David Gómez -2-, Jorge Fernández, Nacho Villanueva e Martín López)

Cuartos de final
BENXAMÍN A 7 (Nacho Villanueva -3-, Martín López -2-, David Gómez e Iván Gil) - CD CONXO SANTIAGO 1

Semifinal
BENXAMÍN A 3 (Hugo Macedo, Jorge Fernández e Iván Gil) - CD LUGO 1

Final
BENXAMÍN A 2 (Nacho Villanueva -2-) - RC CELTA 2. A penaltis: 2-3

O Fabril FC Benxamín quedou fóra das semifinais da Marosa Cup

A VI edición da Marosa Cup de Burela foi o obxectivo do Fabril FC Benxamín onte sábado 25 de xuño.

Os fabrilistas tiveron como rivais iniciais no grupo á SD Viveiro, Racing Villalbés e SCD Milagrosa A. A pesar de gañar un partido e empatar dous, o Fabril FC Benxamín quedou fóra das semifinais, ás que só chegaba o campión do grupo e o mellor segundo do tres grupos.

Os resultados dos fabrilistas foron os seguintes:

Primeira Fase

FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Javi Meiriño) - SCD MILAGROSA A 0
SD VIVEIRO 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Álvaro Rodríguez)
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Miguel Candal -2-) - RACING VILLALBÉS 2