RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados dos torneos de #ANOSACANTEIRA hoxe sábado, con podio en Ponferrada e Caranza; e calendario de mañá domingo

Hoxe sábado, #ANOSACANTEIRA competiu en Noja (Cantabria), Ponferrada, Calamocha (Teruel), Vilagarcía de Arousa e Caranza (Ferrol).

Subiron todo o máis alto do podio o Benxamín A en Caranza; e o Benxamín B en Ponferrada. Ademais, un equipo alevín foi subcampión deste último torneo na cidade berciana, após caer na quenda de penaltis da final co Atlético de Madrid.

Seguen en competición mañá domingo o Infantil A na Vila de Noja Cup, o Alevín A na Arousa Fútbol 7 e o Alevín B na Jamón Cup de Calamocha.

Haberá ademais representación branquiazul en Catoira (un equipo infantil), a Hitachi Cup de Abegondo (Benxamín A) e Caranza (un equipo prebenxamín).

O Dépor sobe ao podio no Trofeo Ciudad de Ponferrada

Un equipo alevín do Dépor e o Benxamín B participaron hoxe sábado na 24 edición do Torneo Ciudad de Ponferrada, organizado polo CD La Morenica nos campos Ramón Martínez (Ponferrada).

Os dous equipos subiron ao podio e culminaron un gran torneo.

En categoría alevín, o Dépor caeu na final ante o Atlético de Madrid na quenda de penaltis. Ao final do tempo regulamentario houbo empate (1-1) entre os dous mellores equipos do torneo.

Os resultados do equipo deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase
CD LA MORENICA A 0 - DEPORTIVO 4 (Rubén, Jorge, Xenxo e Bruno)
DEPORTIVO 8 (Íker -2-, Xenxo -2-, Rubén, Jorge, Jacobo e Hugo) - CD FEMENINO PONFERRADINA 0
CD SAN IGNACIO 0 - DEPORTIVO 6 (Íker -2-, Xenxo, Jorge, Álvaro e Jacobo)

Cuartos de final
DEPORTIVO 2 (Rubén e Íker) - SD PONFERRADINA 0

Semifinal
DEPORTIVO 2 (Raúl e Rubén Trillo) - PUENTE CASTRO FC 0

Final
DEPORTIVO 1 (Xenxo) - ATLÉTICO DE MADRID 1. Por penaltis: 3-4

Pola súa banda, o Benxamín B adxudicouse con brillantez o título, após derrotar na gran final ao Puente Castro FC (2-0).

O calendario do equipo deportivista é o seguinte:

Primeira Fase
CD LA MORENICA B 0 - BENXAMÍN B 7 (Martín Forján -2-, Iago Lameiro -2-, Lucas Vázquez -2- e Nico)
ATLÉTICO BIERZO 0 - BENXAMÍN B 7 (Iago Lameiro -2-, Martín Forján -2-, Pablo Vara e Iago Varela e Rodrigo)
CDF PEÑA LEÓN 1 - BENXAMÍN B 5 (Iago Lameiro -3-, Raúl e José Quiroga)

Cuartos de final
BENXAMÍN B 4 (José Quiroga -2-, Hugo e Pablo Vara) - CD LA MORENICA A 0

Semifinal
BENXAMÍN B 5 (Iago Lameiro -2-, Martín Forján, Rodrigo e Hugo) - SD PONFERRADINA A 1

Final
BENXAMÍN B 2 (Hugo e Pablo Vara) - PUENTE CASTRO FC 0

O Alevín A, á Fase de Consolación da Arousa Fútbol 7

O Alevín A está a competir nunha das citas estrela da súa programación de torneos amigables, a Arousa Fútbol 7 no campo da Senra (Ribadumia).

O conxunto deportivista xogará mañá a Fase de Consolación.

O calendario do Alevín A, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Venres 31 de maio
ALEVÍN A 3 (Murilo, Brais e Raúl) - VILLARREAL CF 0
ED VAL MIÑOR 0 - ALEVÍN A 2 (Murilo -2-)

Sábado 1 de xuño
AFC AJAX 3 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 1 (Marcos) - RAYO VALLECANO 2

Domingo 2 de xuño
Fase de Consolación, postos do 9 ao 12
13:20: ALEVÍN A - MACCABI FRANKFURT

Dous equipos representan ao Club no Torneo Barrio de Caranza 2019

Dous equipos representan ao RC Deportivo no Torneo Barrio de Caranza 2019: o Benxamín A e un equipo de prebenxamíns.

Hoxe sábado 1 de xuño, o Benxamín A alzouse co título da categoría despois de 6 partidos gañados e só encaixar un só gol.

Os resultados do conxunto deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 5 (Paulo -2-, Joaquín, Uxío e Íker) - SD RIBADEO B 0
BENXAMÍN A 8 (Yago Trigo -3-, Íker, Pablo, Paulo, Mauro e Joaquín) - ÁNIMAS SDCR 0
GALICIA CARANZA E 0 - BENXAMÍN A 6 (Uxío -2-, Paulo -2-, Íker e un futbolista rival en propia meta)

Cuartos de final
BENXAMÍN A 5 (Paulo, Íker, Mauro, Joaquín e Nico) - CD CALASANZ B 0

Semifinais
BENXAMÍN A 4 (Joaquín, Mauro, Íker e Gael) - RÁPIDO DE NEDA 0

Final
BENXAMÍN A 2 (Yago Trigo e Paulo) - OZA JUVENIL SD 0

En categoría prebenxamín, o Deportivo acode mañá domingo 2 de xuño con estes futbolistas:

Porteiros: Alejandro Pais (CD Calasanz) e Brais Taín (Victoria CF)

Defensas: Jesús López (CA Fátima), Sergio Infante (CD Calasanz), Mateo Pombo (Atlético Arteixo), Nicolás Torres (Atlético Coruña Montañeros CF) e Antón Vilariño (Imperátor OAR)

Centrocampistas e atacantes: Gonzalo Teijeiro (Atlético Coruña Montañeros CF), Leo Sánchez (Ural CF), Hugo Caridad (Ural CF), Yael López (SD Órdenes), Mario González (CD Calasanz), Íker Obeso (Ural CF), Thiago Montes (Atlético Coruña Montañeros CF) e Mateo Suárez (Olímpico de Rutis CF).

O calendario de partidos é o seguinte:

Primeira Fase
10:00: DEPORTIVO - RACING DE SAN PEDRO
13:25: EF LUIS CALVO - DEPORTIVO
16:40: DEPORTIVO - AD MIÑO

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que empezan ás 18:05.

O Infantil A xa está en cuartos de final da Villa de Noja Cup

O Infantil A está na localidade cántabra de Noja con motivo da Villa de Noja Cup.

O conxunto deportivista (na foto principal desta nota) disputa mañá os cuartos de final (10:40) ante o Real Zaragoza.

O calendario de partidos do Infantil A, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 1 de xuño
INFANTIL A 3 (Marco Baña, Domínguez e Manu Berrocal) - JUVENTUD ESTADIO 0
INFANTIL A 0 - ATLÉTICO PERINES 1
REAL RACING CLUB 0 - INFANTIL A 0
INFANTIL A 1 (Domínguez) - BASKONIA FE 0

Domingo 2 de xuño
Cuartos de final
10:40: INFANTIL A - REAL ZARAGOZA

O Alevín B xógase mañá ante o Colegio Marianistas o pase aos cuartos de final da Jamón Cup en Calamocha (Teruel)

O Alevín B atópase na localidade de Calamocha (Teruel), con motivo da 5ª edición da Jamón Cup.

O conxunto deportivista gañou hoxe sábado na Primeira Fase dous partidos, empatou un e perdeu outro ante o Atlético de Madrid.

Mañá necesita vencer ao Colegio Marianistas para acceder a cuartos de final. En caso contrario, xogará unha Fase de Consolación.

O calendario de partidos da Primeira Fase do Alevín B, todos no campo 2 do Polideportivo Municipal de Jumaya, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 1 de xuño
VIC RIUPRIMER REFO FC 0 - ALEVÍN B 0
WAKATAKE FC 1 - ALEVÍN B 3 (Diego -2- e Nico Ruiz)
ATLÉTICO DE MADRID 2 - ALEVÍN B 1 (Pablo)
SD HUESCA 0 - ALEVÍN B 4 (Diego -2-, Janusz e Borja Cortegaza)

Domingo 2 de xuño
09:00: COLEGIO MARIANISTAS - ALEVÍN B

A Hitachi Air Cup examina mañá domingo ao Benxamín A

O Benxamín A, que disputou hoxe sábado o Torneo Barrio de Caranza, participa mañá domingo 2 na Hitachi Air Cup no campo do Monte en Abegondo.

O conxunto deportivista ten como primeiros rivais ao CD Lugo, Ural CF e Sporting Coruñés SD.

O calendario é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: BENXAMÍN A - URAL CF (campo 1)
12:30: BENXAMÍN A - SPORTING CORUÑÉS SD (campo 1)
15:00: BENXAMÍN A - CD LUGO (campo 1)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a partir das 17:00 horas.

Un equipo infantil do Dépor compite no Torneo Vikingo 2019

Un equipo infantil do Deportivo participa mañá domingo 2 de xuño no Torneo Vikingo 2019 no campo das Lombas de Catoira (Pontevedra).

O Dépor quedou encadrado no grupo B, co Taragoña CF e AF-7, con este calendario de partidos, todos eles no campo 2:

Primeira Fase
10:00: DEPORTIVO - TARAGOÑA CF
11:00: DEPORTIVO - AF-7

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, a partir das 15:00 horas; e o terceiro xogará unha Fase de Consolación, que arranca ás 16:00 horas.