RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados e calendario #anosacanteira 27 e 28 de maio

O deportivismo agarda impaciente a 'final' de Riazor de mañá domingo 28 de maio ás 12:00 horas (TVG-2). O Fabril regresará a Segunda División B se logra derrotar ao Cacereño, despois de que na ida, disputada no campo Príncipe Felipe de Cáceres o pasado domingo, ámbolos equipos igualaron sen goles.

Para o partido, o acceso é libre para todos os socios do Real Club Deportivo e para todos os deportivistas que teñan a entrada do Dépor-Las Palmas do último partido de LaLiga. Estarán abertas as seguintes bancadas: Tribuna Inferior, Preferencia Inferior, Marathón Inferior e Pavillón Inferior.

Cristóbal Parralo, como é habitual en todos os partidos en casa, citou a todo o seu equipo. A única dúbida é a de Álvaro Queijeiro, que está na recta final da recuperación dunha lesión sufrida nun ombreiro.

Por outra banda, Xuvenil A e Deportivo Abanca B afrontan o partido de ida de cuartos de final do torneo do k.o. O primeiro caeu hoxe sábado ante un poderoso Sevilla (2-1) na Copa do Rei, e segue vivo para o partido de volta, que será en Riazor o vindeiro domingo 3 de xuño ás 12:00. Pola súa banda, o Deportivo Abanca B recibe en Arteixo mañá domingo ao Torre, na Copa de Primeira División.

Xogan en Abegondo, en horario unificado por ser a penúltima xornada de liga, o Xuvenil B e o Cadete A, ambos os mañá domingo 28 de maio ás 12:00.

Para estes dous partidos, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.

Hoxe sábado visitaron ao Santiago de Compostela o Cadete B e o Infantil A. Para os cadetes o partido era vital. O empate (1-1) fai agora que na última xornada de liga non dependa de si mesmo para ser campión da liga Galega.

En categoría benxamín, o Benxamín A proclamouse en Arzúa subcampión galego na modalidade de fútbol oito. Eliminou en semifinais ao Cristo de la Victoria (0-0, 3-1 a penaltis) e perdeu a final (1-4) ante o Celta.

Tiveron torneo amigable o Alevín B (en Vila de Cruces) e o Benxamín B (na Estrada).

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Play Off de Ascenso a Segunda División B
Volta: FABRIL - CACEREÑO, o domingo 28 de maio ás 12:00 en Riazor. Na ida: 0-0

Categoría feminina
Copa, cuartos de final, ida: DEPORTIVO ABANCA B - TORRE, o domingo 28 de maio ás 20:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
Copa do Rei, cuartos de final, ida: SEVILLA 2 - XUVENIL A 1 (Aarón)

Liga Nacional: XUVENIL B - PONTEVEDRA, o domingo 28 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 3)

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A - PONTEVEDRA, o domingo 28 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 5)

Liga Galega, grupo 1: SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 - CADETE B 1 (Pol)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1: SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 - INFANTIL A 2 (Dani e Noel)

Categoría alevín
Segunda Fase, grupo 1: XESUITINAS - ALEVÍN B, o domingo 28 de maio ás 12:00 en Meicende (Arteixo)

Categoría benxamín
Fase Final Galega, en Arzúa
Sábado 27 de maio
Semifinal
BENXAMÍN A 0 - CRISTO DE LA VICTORIA 0. Por penaltis: 3-1

Final
BENXAMÍN A 1 (Eli) - CELTA A 4