RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados e calendario de #ANOSACANTEIRA 1, 2 e 3 de setembro

En Segunda División B chega o primeiro derbi galego para o Fabril, que visitará ao Racing de Ferrol mañá domingo 3 de setembro ás 19:00 horas na Malata, retransmitido en directo pola TVG-2.

Cristóbal Parralo poderá contar con Edu Expósito, Francis e Bicho, tres futbolistas que habitualmente se adestran co primeiro equipo.

O técnico fabrilista citou a estes xogadores: Francis, Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Raúl, One, Lucas, Diego Caballo, Queijeiro, Gaizka, Carlos López, Martín Bengoa, Bicho, Edu Expósito, Romay, Óscar, Borja Galán e Uxío.

Polo demais, arrancan a liga na Cidade Deportiva de Abegondo dous equipos máis: o Xuvenil A de División de Honra ante o Racing de Santander o domingo 3 de setembro, e o Infantil B en Primeira División Autonómica (grupo 1º), que xogou fronte á Victoria B, o pasado xoves 31 de agosto, con 3-2 como resultado final.

Para o primeiro partido, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o resto do público, a entrada sénior costa 3 euros.

Entre os obxectivos de ambos os conxuntos está o de mellorar ou igualar polo menos o logrado a temporada pasada: terceiro posto en Liga e cuartos de final de Copa do Rei o Xuvenil A e campión de grupo o Infantil B.

Por outra banda, catro equipos tiveron partido amigable esta semana, na recta final xa das súas pretemporadas: Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A.

O calendario completo de partidos, cos resultados dos partidos xa xogados é o seguinte:

Segunda División B
3ª xornada, RACING DE FERROL - FABRIL, o domingo 3 de setembro ás 19:00 horas na Malata (Ferrol)

Categoría xuvenil
División de Honra, 1ª xornada: XUVENIL A - RACING DE SANTANDER, o domingo 3 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo 1)

Amigable: BERGANTIÑOS A 0 - XUVENIL B 1 (Kilian)

Categoría cadete
Amigable: CONXO A (Xuvenil) 1 - CADETE A 2 (Concheiro e Docarmo)

Amigable: CADETE B 5 (Hugo -3-, Álex e Nils) - VIVEIRO 4

Categoría infantil
Amigable: INFANTIL A 0 - URAL B (cadete) 1

Primeira División Autonómica, grupo 1º, primeira xornada, xogado o pasado xoves: INFANTIL B 3 (Dani, Trigo e Diego) - VICTORIA B 2