RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados e calendario de #ANOSACANTEIRA nos torneos de Semana Santa

Hoxe venres #ANOSACANTEIRA competiu en Oviedo, Alacante, Sicilia (Italia), Dublín (República de Irlanda), Medina del Campo (Valladolid) e Illescas (Toledo), nos diferentes torneos amigables programados.

Avanzan con paso firme o Xuvenil A (en oitavos de final na Oviedo Cup), Xuvenil B (en cuartos de final do Torneo Etna Sud), Infantil B (cun pé en semifinais da Academy Cup), Alevín B (preto de semifinais da Oviedo Cup) e Benxamín B (en oitavos de final en Illescas).

Pola súa banda, o Cadete A pelexará polo quinto posto en Zaragoza; o Alevín A quedou a un paso da final do Mundialito de Cambrils (Tarragona); e o Benxamín A acabou a súa participación na Íscar Cup cun digno papel.

Este é o calendario completo da Semana Santa de #ANOSACANTEIRA, cos resultados de hoxe venres:

Xuvenil A

Oviedo Cup (Oviedo)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
JUVENTUD ESTADIO 0 - XUVENIL A 6 (Mosquera -4-, Aarón e Sebas)
XUVENIL A 3 (Porrúa -2- e Sandá) - FÚTBOL BASE FRAGA 1
Venres 14 de abril
XUVENIL A 4 (Boedo -3- e Mosquera) - UD SAN CLAUDIO 1
LA FRESNEDA CF 0 - XUVENIL A 8 (Boedo, Sandá, Iago Novo, Aarón, Manu e Adrián -3-)
Sábado 15 de abril
Oitavos de final
13:30: XUVENIL A - COVADONGA

Xuvenil B

Torneo Internazionale Etna Sud (Sicilia/Italia)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
XUVENIL B 2 (Rojo -2-) - INVICTUS 0
Venres 14 de abril
VALLETTA FC 0 - XUVENIL B 2 (Loren e Muri)
XUVENIL B 1 (César) - POL. SARNESE '1926' 0
Sábado 15 de abril
Cuartos de final
16:30: XUVENIL B - ADO DEN HAAG

Cadete A

Torneo Cesaraugusta (Zaragoza)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
CADETE A 0 - STADIUM CASABLANCA 1
Venres 14 de abril
CADETE A 1 (Julián) - REAL SOCIEDAD 5
Sábado 15 de abril
Partido polo quinto posto
17:30: CADETE A - RIVAL POR DETERMINAR

Cadete B
Mondial U15 La Saint Pierre de Nantes (Nantes/Francia, do 19 ao 22 de abril)

Infantil A

MiBalón International Cup (Teulada-Moraira/Alacante)
Primeira Fase
Venres 14 de abril
INFANTIL A 0 - VALENCIA 2
WANDA GROUP 0 - INFANTIL A 3 (Dani, Axel e Novoa)
INFANTIL A 2 (Fran e Noel) - GETAFE 0
Sábado 15 de abril
12:00: CONQUENSE - INFANTIL A
Os dous primeiros accederán a semifinais. O resto de equipos pasará a disputar unha Fase de Consolación, polos postos 5º ao 10º.

Infantil B

Saint Kevin's Boys Academy Cup Tournament (Dublín/Irlanda)
Primeira Fase (as horas son sempre locais, unha hora máis en España):
Venres 14 de abril
WEST BROMWICH ALBION 1 - INFANTIL B 2 (Sergio e Roque)
INFANTIL B 0 - BARCELONA 1
Mañá sábado, o Infantil B xogará a semifinal ou a Fase de Consolación, en función do resultado do partido entre o West Bromwich Albion e o FC Barcelona.

Alevín A

Mundialito (Cambrils/Tarragona)
Primeira Fase
Domingo 9 de abril
ALEVÍN A 20 (Domínguez -7-, Baña -3-, Noah -4-, Diego -2-, Carlos, Dani, Manu e Mella) - EFB SALOU '2' 0
Luns 10 de abril
ALEVÍN A 3 (Carlos, Mella e Sierra) - SC BRAZIL 1
ALEVÍN A 4 (Domínguez, Meki, Carlos e Noah) - VOLTA REDONDA FC 0
Martes 11 de abril
MUSCAT FA 0 - ALEVÍN A 13 (Domínguez -5-, Meki -4-, Marco Baña, Mella, Dani e Sierra)
ALEVÍN A 12 (Noah -4-, Mella -2-, Sierra -2-, Diego -3- e Manu) - FFA WARSZAWA 0
Mércores 12 de abril
Diecieseisavos de final
ALEVÍN A 5 (Meki -2-, Diego, Sierra e Carlos) - KASHIMA 0
Oitavos de final
ALEVÍN A 4 (Carlos -2-, Meki e Domínguez) - SCHALKE 04 1
Xoves 13 de abril
Cuartos de final
ALEVÍN A 4 (Domínguez -3- e Carlos) - REUS 3
Semifinal
ALEVÍN A 0 - LEVANTE 4

Alevín B

Torneo F8 Erizana CF (Baiona/Pontevedra)
Martes 11 de abril
Primeira Fase
ERIZANA A 0 - ALEVÍN B 2 (Pablo e Dani)
ALEVÍN B 1 (Pablo) - SÁRDOMA 0
ALEVÍN B 5 (Pablo -2-, Samu -2- e Adrián) - PONTELLAS 0
Oitavos de final
ALEVÍN B 0 - VICTORIA DE VIGO 0. Por penaltis: 3-2
Cuartos de final
ERIZANA A 0 - ALEVÍN B 1 (Óscar)
Semifinal
ALEVÍN B 3 (Seco -2- e Samuel) - CORUXO A 1
Final
ALEVÍN B 1 (Estévez) - PABELLÓN A 2

Oviedo Cup (Oviedo)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
FAMEB 1 - ALEVÍN B 2 (Samuel e Óscar)
Venres 14 de abril
ALEVÍN B 3 (Óscar, Adrián e Carballo) - BARAKALDO CF 0
ALEVÍN B 6 (Iván, Luis, Hugo, Adrián Díaz, Zoe e Óscar) - VERIÑA 0
Sábado 15 de abril
9:30: EFMO BOADILLA - ALEVÍN B (en Matalablima)
Mañá sábado 15 de abril, os dous primeiros de grupo xogarán a Fase Ouro; o terceiro clasificado a Fase Prata; e, o resto, pelexará polos postos do 13º ao 20º.

Benxamín A

Íscar Cup (Medina del Campo/Valladolid)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
BENXAMÍN A 1 (Marcos) - EF PALENCIA 2
DALLAS FC 2 - BENXAMÍN A 2 (Álex e Montes)
REAL MADRID 4 - BENXAMÍN A 2 (Álex -2-)
Venres 14 de abril
Fase de Consolación
BETIS 2 - BENXAMÍN A 1 (Marcos)
BENXAMÍN A 1 (Marcos) - MEDINA 0

Orthopaedikos Cup (Stuttgart/Alemaña, 22 e 23 de abril)

Benxamín B

Torneo Carlos Luis Alonso Arrogante (Illescas/Toledo)
Primeira Fase
Venres 14 de abril
BENXAMÍN B 1 (Nico Ruiz) - TRES CANTOS 1
BENXAMÍN B 2 (Anxo e Isma) - LUGO FUENLABRADA 1
BENXAMÍN B 5 (David, Nico Ruiz, Anxo -2- e Pablo) - ILLESCAS C 0
Sábado 15 de abril
Oitavos de final
10:40: BENXAMÍN B - ALCORCÓN

Torneo Villa de Caldas (Caldas de Reis/Pontevedra)
Domingo 16 de abril
Primeira Fase
12:00: BENXAMÍN B - RACING DE FERROL (campo 1)
14:00: BENXAMÍN B - PABELLÓN DE OURENSE (campo 1)
15:00: BENXAMÍN B - 2º GRUPO A DA XORNADA PREVIA (campo 1)
16:30: BENXAMÍN B - 1º GRUPO B DA XORNADA PREVIA (campo 2)
Os dous primeiros clasificados do grupo pasan a cuartos de final, que se disputan a continuación.