RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados e calendario dos torneos amigables de #ANOSACANTEIRA do 23, 24 e 25 de xuño

Arrancou onte venres 23 de xuño unha nova fin de semana de torneos para cinco equipos de #ANOSACANTEIRA: Infantil B, os dous equipos alevíns e os dous benxamíns.

Sobresaíu a actuación dos dous equipos (Alevín A e Benxamín A) no Torneo do Coruxo; á espera do que logren mañá o Infantil B (en oitavos do Levante Cup) e o Benxamín B (en semifinais da Barrinha International Cup).

O Infantil B, en oitavos de final da Levante Cup

O Infantil B pecha esta fin de semana unha longa temporada, marcada pola consecución do título ligueiro no grupo 1º da Primeira Autonómica.

Os deportivistas participan na Levante Cup 2017, un torneo que se disputa en Almería, en catro sedes (Garrucha, Mojácar, Turre e Vera), desde onte venres 23 a mañá domingo 25 de xuño.

O conxunto deportivista vese mañá domingo as caras co Cartagena en oitavos de final.

Os resultados ata o momento do Infantil B foron os seguintes:

Sábado 24 de xuño
Primeira Fase
SELECCIÓN OCCIDENTAL ANDALUZA 1 - INFANTIL B 0
MOJÁCAR 0 - INFANTIL B 2 (Trigo e Roque)
AD LORQUÍ 0 - INFANTIL B 0

Domingo 25 de xuño
Oitavos de final
9:00: INFANTIL B - FC CARTAGENA

O Benxamín B mídese mañá ao Benfica na semifinal da Barrinha International Cup

O Benxamín B atópase na localidade portuguesa de Esmoriz, participando na Barrinha International Cup 2017.

O conxunto deportivista chega en gran momento de forma, pois acaba de proclamarse campión do Torneo Vila das Pontes (o domingo pasado) e subcampión do Trofeo Concello de Boiro (o día anterior, sábado).

O Benxamín B xa está en semifinais, que se xogan mañá domingo, co Benfica como rival.

O calendario do Benxamín B, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 23 de xuño
CORTEGAÇA 1 - BENXAMÍN B 6 (Diego -3-, Yago, Íker e Raúl)
BENXAMÍN B 5 (Diego -2-, Raúl, Marco e Anxo) - FEIRENSE 2

Sábado 24 de xuño
FC PORTO DRAGÓN FORCE VITALIS 2 - BENXAMÍN B 4 (Anxo -2-, Diego e Isma)
BENFICA 5 - BENXAMÍN B 2 (Diego e Isma)

Cuartos de final
BENXAMÍN B 5 (Pablo, Xabi, Diego -2- e Yago) - BOAVISTA 0

Domingo 25 de xuño
Semifinal
9:50: BENXAMÍN B - BENFICA

O Alevín B queda apeado na Primeira Fase da CDLU CUP 2017

O Alevín B participou esta fin de semana na CDLU CUP 2017, un torneo organizado polo CD Lugo no Estadio Anxo Carro.

O cadro deportivista tivo como rivais na Primeira Fase ao Sporting de Gijón, Victoria e Málaga CF. Quedou en terceira posición e, por tanto, non accedeu a cuartos de final.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Sábado 24 de xuño
Primeira Fase
ALEVÍN B 2 (Pablo e Adrián) - SPORTING DE GIJÓN 2
ALEVÍN B 2 (Héctor e Pablo) - VICTORIA 2
MÁLAGA 3 - ALEVÍN B 0

Alevín A e Benxamín A alcanzan a cima no Torneo do Coruxo FC

Dous equipos (Alevín A e Benxamín A) representaron ao RC Deportivo no Torneo que organizou o Coruxo FC no campo do Vao (Vigo) hoxe sábado 24 de xuño.

O Alevín A conquistou o torneo mentres que o Benxamín A foi un brillante subcampión.

Loa resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN A 2 (Meki e un futbolista rival en propia meta) - PORTO 1
CORUXO 0 - ALEVÍN A 5 (Domínguez -3-, Manu e Meki)
ALEVÍN A 4 (Marco Baña -2- e Javi) - PORRIÑO 0 0

Semifinal
ALEVÍN A 2 (Marco Baña e Mella) - ATLÁNTIDA DE MATAMÁ 0

Final
ALEVÍN A 1 (Carlos) - LUGO 0

Pola súa banda, o Benxamín A colleitou estes resultados:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 0 - PORTO 1
CORUXO 0 - BENXAMÍN A 3 (Álex -2- e Eli)
BENXAMÍN A 5 (Rubén -2-, David Sánchez, Pablo Fernández e Pablo Vázquez) - PORRIÑO 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 4 (David Sánchez, Rubén, Marcos e Eli) - ALERTANAVIA 0

Semifinal
BENXAMÍN A 2 (Rubén e Marcos) - VALLADOLID 0

Final
BENXAMÍN A 2 (Eli e David Vergara) - CELTA A 5