RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA 14 e 15 de outubro

O Alevín A e os dous equipos benxamíns do Deportivo iniciaron a liga esta fin de semana con contundentes vitorias. Desta forma, once equipos de #ANOSACANTEIRA están xa en competición oficial. Falta unicamente o Alevín B, cuxo inicio estaba previsto para onte sábado, pero non foi posible por falta de campos.

En Segunda División B, o Fabril defendía o liderado do grupo 1º da Segunda División B de novo en Abegondo, ante o Talavera. Fíxoo con éxito (3-0), nun partido máis igualado do que di o marcador final.

Por outra banda, os dous equipos xuvenís, cadetes e infantís repetiron xornada ligueira tras a vivida entre o pasado xoves 12 e o mércores 11. Algúns deles, caso do Xuvenil B, Cadete B e Infantil A, con apenas 48 horas entre un partido e outro.

Nesta ocasión xogaron, e gañaron, en Abegondo, o Xuvenil A, Cadete B e Infantil A.

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
9ª xornada: FABRIL 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - TALAVERA DE LA REINA 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 6ª xornada: TORRE 0 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Sara Iglesias)

Categoría xuvenil
División de Honra, 8ª xornada: XUVENIL A 6 (Manu Mosquera, Porrúa, Joel, Sito e Pedro -2-) - SANTIAGO DE COMPOSTELA CF 1

Liga Nacional, 7ª xornada: CORUXO 1 - XUVENIL B 1 (Rojo)

Categoría cadete
División de Honra, 7ª xornada: CORUXO 1 - CADETE A 4 (Portas, Peke, Mario e Juanma)

Liga Galega, grupo 1º, 7ª xornada: CADETE B 4 (Nils -2-, Iván e Hugo) - SANTIAGO DE COMPOSTELA B 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 7ª xornada: INFANTIL A 5 (Iván, Martín Burgos, Sergio -2- e Quique) - SANTIAGO DE COMPOSTELA 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 8ª xornada: ORILLAMAR 2 - INFANTIL B 2 (Trigo e Dani)

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 1º, 1ª xornada: ALEVÍN A 10 (Torres -3-, Óscar -3-, Pablo -2-, Jorge e Héctor) - OLÍMPICO A 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, 1ª xornada: UD XUVENIL 0 - BENXAMÍN A 8 (Diego -2-, Íker -2-, Iago -2-, Eder e Leandro)

Segunda Comarcal A Coruña, 1ª xornada: URAL C 0 - BENXAMÍN B 9 (Ioan -3-, Pablo -2-, Uxío -2-, Trigo e Yago Vázquez)