RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA 30 de setembro e calendario 1 de outubro

Co Fabril de visita á Ponferradina (domingo 1 de outubro ás 18:00 horas), só tres equipos de #ANOSACANTEIRA xogan en Abegondo este fin de semana: Xuvenil B (domingo ante o Arosa SC), Cadete A (empate o sábado fronte ao ED Arosa SD) e Infantil B (triunfo fronte ao Imperatór B). Para o partido do Xuvenil B, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. A entrada para o público custa 3 euros.

Lonxe de Abegondo compiten o Deportivo ABANCA B (o domingo fronte ao Umia), Xuvenil A (triunfo o sábado fronte ao Alondras), e o Cadete B e o Infantil A (cita o domingo en Lugo).

Para o encontro do Fabril en Ponferrada, Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou aos seus 22 xogadores, é dicir, todo o equipo.

Por outra banda, os dous equipos alevíns do Deportivo participaron o sábado 30 de setembro na segunda edición do Torneo de fútbol 8 organizado pola SD Guitiriz, na citada localidade lucense. O Alevín A logrou a terceira praza e o Alevín B acabou décimo clasificado.

Finalmente, o Benxamín B tivo hoxe sábado 30 de setembro un novo exame de pretemporada, esta vez na localidade ourensá de Velle, con motivo da sexta edición do Memorial Manolo Carreira. Os deportivistas foron brillantes campións.

O calendario de partidos do fin de semana, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Segunda División B
7ª xornada: PONFERRADINA - FABRIL, o domingo 1 de outubro no Toralín

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 4ª xornada: UMIA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 1 de outubro ás 12:00 no campo da Bouza (Barrantes)

Categoría xuvenil
División de Honra, 5ª xornada: ALONDRAS 0 - XUVENIL A 4 (Ortuño, Sebas -2- e Manu)

Liga Nacional, 4ª xornada: XUVENIL B - AROSA SC, o domingo 1 de outubro ás 12:00 en Abegondo

Categoría cadete
División de Honra, 4ª xornada: CADETE A 1 (Pol) - ED AROSA SD 1

Liga Galega, grupo 1º, 4ª xornada: LUGO B - CADETE B, o domingo 1 de outubro ás 12:15 no Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 4ª xornada: LUGO A - INFANTIL A, o domingo 1 de outubro ás 10:30 no Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 5ª xornada: INFANTIL B 7 (Diego, Marco Baña, Jorge Oreiro, Trigo -2- e Zerfu -2-) - IMPERÁTOR B 1

Categoría alevín

Torneo de Fútbol 8 da SD Guitiriz

Sábado 30 de setembro

Primeira Fase
ALEVÍN A 10 (Álvaro, Héctor -2-, Guerrero -3-, Luís, Dani, Ayana e Óscar) - PORTO DE BURELA 0

GUITIRIZ 0 - ALEVÍN A 13 (Óscar -3-, Héctor -3-, Álvaro -2-, David -2-, Guerrero -2- e Dani)

ALEVÍN A 1 (Dani) - URAL 2

Cuartos de final

ALEVÍN A 1 (Ayana) - LUGO 1. Por penaltis: 3-2

Semifinal

ALEVÍN A 0 - URAL A 2

Terceiro e cuarto posto

ALEVÍN A 5 (Óscar -2-, Pablo, Héctor e Oreiro) - LUÍS CALVO 1

Primeira Fase
VICTORIA 2 - ALEVÍN B 2 (Dani -2-)

ALEVÍN B 1 (Álex) - LUGO 3

MILAGROSA 0 - ALEVÍN B 5 (Jairo -2-, Bruno -2- e Raúl)

Posto 9º ou 10º

ALEVÍN B 0 - URAL B 1

Categoría benxamín

Amigable: BENXAMÍN A 2 (Anxo -2-) - URAL B (alevín) 4

V Memorial Manolo Carreira en Velle (Ourense)

Sábado 30 de setembro

Primeira Fase
LUGO B 1 - BENXAMÍN B 4 (Nico -2-, Sergio e Uxío)

BENXAMÍN B 5 (Pablo Ronquete -2-, Gael, Yago Trigo e Ioan) - VELLE 0

BENXAMÍN B 5 (Sergio -2-, Paulo, Iago e Uxío) - MACEDA 0

Cuartos de final

OURENSE 1 - BENXAMÍN B 3 (Ioan, Pablo Ronquete e Uxío)

Semifinal

PAVILLÓN 2 - BENXAMÍN B 2 (Pablo Ronquete e Gael). A penaltis: 5-6

Final

BENXAMÍN B 3 (Nico, Gael e un futbolista rival en propia meta) - SPORTING BRAGA 3. A penaltis: 5-4