RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA, co Infantil A como primeiro campión ligueiro

O Infantil A converteuse no primeiro equipo de #ANOSACANTEIRA en quedar campión. Onte impúxose ao CD Conxo Santiago (0-4) e, a falta dunha xornada para o final desta primeira fase da temporada, logrou xa a medalla de ouro no grupo norte da liga Galega.

É pois o primeiro título para as categorías inferiores branquiazuis.

Esta fin de semana xogáronse 5 partidos de #ANOSACANTEIRA na Cidade Deportiva. Dous deles foron onte sábado 15 (2-0 do Xuvenil A e 1-2 do Xuvenil B), outros 2 hoxe domingo 16 (1-2 do Fabril e 4-0 do Cadete A), e o primeiro o venres (7-0 do Infantil B).

Destacou a derrota do filial fronte á CyD Leonesa. O conxunto de Sergio Pellicer recibiu excesivo castigo nun partido cun tempo para cada equipo.

Competiron fóra de casa, onte sábado, o Cadete B (1-1 en Oroso) e o citado Infantil A (0-4 en Santiago ante o CD Conxo).

Esta fin de semana tocou descanso para o Deportivo ABANCA B debido aos compromisos das seleccións galegas sub-15 e sub-17.

Finalmente, os partidos dos dous equipos alevíns pásanse á próxima semana (sábado 22 de decembro o A e martes 18 de decembro o B), debido aos torneos amigables de Cornellá e Alemaña.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
17ª xornada: FABRIL 1 (Uxío) - CyD LEONESA 2

Categoría xuvenil
División de Honra, 17ª xornada: XUVENIL A 2 (César e Álex) - REAL OVIEDO 0

Liga Nacional, 16ª xornada: XUVENIL B 1 (Mario) - CD CONXO SANTIAGO 2

Categoría cadete
División de Honra, 16ª xornada: CADETE A 4 (Trilli, Hugo Suárez -2- e Axel) - CD CONXO SANTIAGO 0

Liga Galega, grupo norte, 16ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO 1 - CADETE B 1 (Gabriel)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 16ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 0 - INFANTIL A 4 (Martín, Carreira, Noah e Martiño)

18ª xornada: INFANTIL B 7 (Mardones, Óscar -2-, Hodei, David -2- e Álvaro) - SANTA MARÍA DEL MAR 0

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 10ª xornada: CD CALASANZ A - ALEVÍN A, o sábado 22 de decembro ás 13:00 horas (campo pendente de designar)

Segunda Comarcal A Coruña, 7ª xornada: ORILLAMAR SD B - ALEVÍN B, o martes 18 de decembro ás 19:00 en Abegondo

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 7ª xornada: VICTORIA CF A 2 - BENXAMÍN A 2 (Nico -2-)

Segunda Comarcal A Coruña, 7ª xornada: VICTORIA CF C 0 - BENXAMÍN B 7 (Iago Lameiro -3-, Raúl -2-, Hugo e Pablo Vara)