RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA, con brillante triunfo do Xuvenil A en #ONOSODERBI en Mos

#ONOSODERBI xuvenil na División de Honra, subgrupo A, é o partido máis destacado desta semana en #ANOSACANTEIRA. O encontro disputouse este mediodía na estrea da Cidade Deportiva Afouteza en Mos.

O Xuvenil A coouse na festa celeste, xa que o club vigués aproveitou o choque para inaugurar oficialmente as súas novas instalacións. Os goles de Peke e Do Carmo deron a volta a un partido que se puxo costa arriba para o Dépor na primeira metade co único tanto do RC Celta.

Para mañá domingo 29 quedan os outros dous choques previstos: o do Fabril (17:00 en Carballo) e o do Xuvenil B (12:00 en Abegondo fronte ao Pontevedra CF); posto que o Deportivo ABANCA B ten descanso esta semana.

O Fabril que dirixe Juan Carlos Valerón citou aos seguintes xogadores para o partido nas Eiroas: Alberto, Pablo Brea, Isra, Iván Guerrero, Yuste, David Suárez, Prendes, Juan Rodríguez, Guedes, Kanouté, Barba, Sanmartín, Villares, Javi Sánchez, Sarmiento, Álex, Boedo, Juan Cambón, Manu Mosquera e Guille. Son baixa por lesión Pescador, Reinoso e Rayco, este a consecuencia dunha escordadura de nocello. Finalmente Adri Castro tampouco estará co filial ao entrar na convocatoria de Fernando Vázquez para o choque do Deportivo mañá domingo en ABANCA-RIAZOR ante o Racing de Ferrol.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
Subgrupo A, 7ª xornada: BERGANTIÑOS FC - FABRIL, o domingo 29 de novembro ás 17:00 nas Eiroas (Carballo)

Categoría xuvenil
División de Honra, grupo 1º, subgrupo A, 5ª xornada: RC CELTA 1 - XUVENIL A 2 (Peke e Do Carmo)

Liga Nacional, grupo 1º, subgrupo A, 4ª xornada: XUVENIL B - PONTEVEDRA CF, o domingo 29 de novembro ás 12:00 en Abegondo