RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en #ANOSACANTEIRA, con especial mención para Xuvenil B, Alevín A e Benxamín A

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA estivo centrada na visita do Fabril ao Extremadura no partido de ida da primeira eliminatoria da Fase de Ascenso a LaLiga 1|2|3. Gañou pola mínima o equipo estremeño (2-1), e o pase á seguinte rolda decidirase no partido de volta, o sábado 26 ás 17:00 horas en Abegondo.

En categoría xuvenil, o Xuvenil A caeu (4-0) ante o Athletic Club nos oitavos de final da Copa do Rei. Este resultado apea aos branquiazuis da competición, posto que na ida disputada en Abegondo tamén gañou o conxunto vasco (3-4).

Tamén arrancou a Copa o Deportivo ABANCA B. O seu primeiro rival foi o Victoria FC B, ao que derrotou (2-3) e certifica o seu pase a cuartos de final. O seu seguinte rival será o Torre.

No resto de categorías, sobresaíu a celebración da Fase Intermedia do Campionato Galego para o Alevín A (en Becerreá) e o Benxamín A (en Dumbría). Ambos foron campións das súas sedes e por tanto acceden á Fase Final Galega da súa categoría.

Desta forma, #ANOSACANTEIRA suma 10 títulos, tralos cultivados tamén polo Infantil A (Liga Galega, grupo norte), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (grupo 1º de Primeira Comarcal A Coruña, grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once e Fase Intermedia do Campionato Galego), Alevín B (Segunda, grupo 1º; e Segunda Fase, grupo 1º), Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º; e Fase Intermedia do Campionato Galego) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

Finalmente, tres equipos tiveron torneo amigable esta fin de semana. O tres estiveron a un gran nivel: o citado Xuvenil B, campión hoxe domingo en Nantes (Francia); Alevín B, que gañou a Fase de Prata en Colonia (Alemaña); e Benxamín B, vencedor onte sábado en Camariñas.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Fase de Ascenso a LaLiga 1|2|3
Primeira eliminatoria, ida: EXTREMADURA UD 2 - FABRIL 1 (Uxío)

Categoría feminina
Copa da Primeira Autonómica Feminina, eliminatoria previa: VICTORIA FC B 2 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Alba Suárez -2- e Patri)

Categoría xuvenil
Copa do Rei, oitavos de final, volta: ATHLETIC CLUB 4 - XUVENIL A 0. Na ida: 4-3

34ª edición da International Rezé Football en Nantes (Francia)
Primeira Fase
Venres 18 de maio
XUVENIL B 1 (Julián) - AC BASSE GOULAINE 0
LA MELLINET NANTES 0 - XUVENIL B 2 (Juanma e Iñaki)
XUVENIL B 1 (Juanma) - AJ AUXERRE 1
Sábado 19 de maio
Cuartos de final
NANTES FC 0 - XUVENIL B 0. Por penaltis: 6-7
Semifinais
TOURS FC 0 - XUVENIL B 1 (un futbolista rival en propia porta)
Domingo 20 de maio
Final
16:00: USJA CARQUEFOU FOOTBALL 0 - XUVENIL B 1 (Julián)

Liga Nacional, 33ª xornada: XUVENIL B 4 (Kilian, Rojo -2- e Pol) - RÁPIDO DE BOUZAS 1

Categoría cadete
División de Honra, 33ª xornada: CADETE A 5 (Aye -3-, Mario e Peke) - RÁPIDO DE BOUZAS 2

Liga Galega, grupo 1º, 33ª xornada: BERTAMIRÁNS B 0 - CADETE B 2 (Iván e Hugo)

Categoría alevín
Fase Intermedia do Campionato Galego en Becerreá (Lugo)
Sábado 19 de maio
Primeira Fase
ALEVÍN A 7 (Pablo -5-, Ayana e Lucas) - RESIDENCIA 1
URAL 0 - ALEVÍN A 3 (Lucas, Pablo e Álvaro)
ALEVÍN A 6 (Álvaro -2-, Pablo -2-, Hugo e Héctor) - EFM CONCELLO DE BOIRO 0
Semifinal
ALEVÍN A 8 (Lucas, Pablo, Ayana -2-, Zoe, Héctor, Luís e Samu) - OUTES 0
Final
ALEVÍN A 2 (Zoe e Pablo) - URAL 0

Amigable: FC WUPPERTAL 0 - ALEVÍN B 6 (Dani -3-, Jairo, Cristian e Pedro)

U11 Provinzial PfingstCup 2018 en Colonia (Alemaña)
Sábado 19 de maio
Primeira Fase
ALEVÍN B 7 (Bruno -3-, Cristian, Jairo, Dani e Pedro) - SSVg VELBERT 0
ALEVÍN B 3 (Dani -2- e Cristian) - FC MULHOUSE 0
ALEVÍN B 2 (Dani -2-) - SFC STERN BERLÍN 1
Segunda Fase
ALEVÍN B 0 - FSV WAIBLINGEN 1
ALEVÍN B 0 - BOCHUM FC 1
ALEVÍN B 0 - FC SPARTAK TRNAVA 1
Fase de Prata
ALEVÍN B 1 (Dani) - BAYER 04 LEVERKUSEN 2
ASV TIEFENBROICH 0 - ALEVÍN B 8 (Bruno -2-, Pedro -2-, Álex, Vergara, Jairo e Cristian)
ALEVÍN B 3 (Cristian -2- e Jairo) - POLONIA WARSCHAU 0
Oitavos de final
ALEVÍN B 2 (Jairo e Dani) - SV ELVERSBERG 0
Cuartos de final
ALEVÍN B 3 (Dani -2- e Cristian) - ARMINIA BIELEFELD 0
Semifinal
ALEVÍN B 1 (Bruno) - TSCHECHIEN U11 1. Por penaltis: 3-2
Final
ALEMANNIA AQUISGRÁN 1 - ALEVÍN B 1 (Bruno). Por penaltis: 2-3

Categoría benjamín
Fase Intermedia do Campionato Galego no campo do Conco (Dumbría)
Sábado 19 de maio
Primeira Fase
BENXAMÍN A 3 (Diego, Iago e Raúl) - LUIS CALVO SANZ 0
RÁPIDO DE NEDA B 0 - BENXAMÍN A 2 (Nico e Diego)
BENXAMÍN A 6 (Diego -2-, Raúl -2-, Leandro e Pablo) - EF LALÍN 0
Semifinais
BENXAMÍN A 9 (Diego -3-, Anxo -2-, Nico, Janusz, Xavi e Raúl) - RESIDENCIA 0
Final
BENXAMÍN A 3 (Janusz -2- e Raúl) - SANTIAGO 1

Torneo As Baleas no campo Hermanas Patiño (Camariñas)
Sábado 19 de maio
Primeira Fase
AS BALEAS 0 - BENXAMÍN B 10 (Paulo -3-, Mauro -2-, Ioan -2-, Uxío, Sergio e Caaveiro)
CORCUBIÓN 0 - BENXAMÍN B 4 (Gael -2-, Paulo e Nico)
BENXAMÍN B 8 (Caaveiro -2-, Trigo -2-, Ronquete -2-, Nico e Mauro) - FISTERRA 2
Semifinal
AS BALEAS 0 - BENXAMÍN B 8 (Nico -2-, Ronquete -2-, Trigo, Paulo, Ioan e Uxío)
Final
CORCUBIÓN 1 - BENXAMÍN B 5 (Mauro -2-, Ronquete, Uxío e Trigo)

28ª xornada: PAIOSACO H. AÑÓN B - BENXAMÍN B, o martes 22 de maio ás 19:15 na Porta Santa (Paiosaco)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B (xa campión), 75 puntos (un partido menos); 2. Calasanz C e Victoria C, 67 puntos...