RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA, con goleada do Fabril e triunfo do Xuvenil A en un #ONOSODERBI amigable

Un triunfo e unha derrota foi o balance da fin de semana para os dous equipos de #ANOSACANTEIRA que están en competición oficial: Fabril e Deportivo ABANCA B.

O filial masculino dirixido por Juan Carlos Valerón mostrouse moi superior en Abegondo (5-0) ao UD Paoisaco H. Añón.

E o Deportivo ABANCA B non puido en Sanxenxo co Viaxes InterRías FF (3-1). O choque corresponde á 2ª xornada no subgrupo A de o grupo 1º de Primeira Nacional.

Nos amigables, o Xuvenil A logrou onte o triunfo (4-2) no choque estrela da súa pretemporada, a visita do RC Celta a Abegondo. A próxima cita será xa ligueira no subgrupo A de o grupo 1º da División de Honra.

No outro partido de xuvenís, o Dépor B de Alejandro Antón e Aldo Duscher caeu (0-1) ante o CD Calasanz de División de Honra no campo de O Monte (San Tirso). Os branquiazuis progresan adecuadamente na recta final desta atípica pretemporada.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
Subgrupo A, 2ª xornada: FABRIL 5 (Rayco, Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD PAIOSACO H. AÑÓN 0

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 2ª xornada: VIAXES INTERRÍAS FF 3 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Nuria Torres)

Categoría xuvenil
Amigable, xogado o pasado mércores: XUVENIL A 4 (Nájera -2-, Do Carmo e Mella) - URAL CF 2
Amigable: XUVENIL A 4 (Do Carmo, Urdiales, Jairo e Padín) - RC CELTA 2

Amigable: XUVENIL B 0 - CD CALASANZ 1