RCD / NOVAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA, con medalla de ouro para Infantil B onte; e hoxe para Xuvenil B e Dépor ABANCA B

01/09/2019 21:35

Xuvenís, cadetes e infantís de #ANOSACANTEIRA, ademais do Dépor ABANCA B, tiveron cita amigable esta fin de semana, o último para moitos deles antes do inicio das competicións oficiais.

Houbo torneos onte sábado para o Infantil A, subcampión do Torneo Apertura en Pontevedra; e para o Infantil B, campión do Memorial Moncho Rivera.

Hoxe, a quenda foi para o Deportivo ABANCA B, campión do Memorial Faraldo; Xuvenil B, medalla de ouro do torneo Muchacalidad.com en Ferrol; e para o Infantil B, brillante cuartofinalista do Torneo de verán Cidade de Lugo.

En Abegondo só se xogou un partido, o do Cadete B ante o Racing de Ferrol B, con espectacular triunfo deportivista: 6-3.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina

16 edición do Memorial Faraldo nna Torre (A Coruña)
Domingo 1 de setembro
ORZÁN SD 0 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Aroa -2- e Carlota)
DEPORTIVO ABANCA B 0 - CVC VALLADARES B 0

Categoría xuvenil

XUVENIL A 3 (Sarmiento, Gonçalo Oliveira e Barba) - CD CONXO SANTIAGO 1

2 edición do Torneo Muchacalidad.com no campo da Gándara 2 (Ferrol)
Domingo 1 de setembro
Semifinal
RACING DE FERROL 0 - XUVENIL B 7 (Nájera -2-, Nils, Noel, Jairo, Padín e Antón)
Final
XUVENIL B 1 (Nájera) - RC CELTA 0

Categoría cadete

CADETE A 2 (Seydiba e Marcelo) - CD CALASANZ B (xuvenil) 4
CADETE B 6 (Sierra, Matos, Álvaro, Fernando e Hugo García -2-) - RACING DE FERROL B 3

Categoría infantil

INFANTIL A 5 (Lucas -3-, Jorge e Pablo Parada) - BERGANTIÑOS CF B (cadete) 4

9ª edición Torneo Apertura no campo de Monteporreiro (Pontevedra)
Sábado 31 de agosto
INFANTIL A 2 (Zoe -2-) - UD OURENSE 1
SÁLVORA CF 0 - INFANTIL A 2 (Héctor e Dani Estévez)
Final
INFANTIL A 1 (Jorge) - RC CELTA 1. A penaltis: 1-2

Memorial Moncho Rivera na Grela 1 (A Coruña)
Sábado 31 de agosto
Final
VICTORIA CF B 1 - INFANTIL B 5 (Hugo, Samuel, Murilo -2- e Jairo)

Torneo de Verán Cidade de Lugo, nos campos José María Rodríguez Lago (Lugo)
Domingo 1 de setembro
Primeira Fase
INFANTIL B 1 (un futbolista rival en propia meta) - BERTAMIRÁNS FC 2
CP CASÁS 0 - INFANTIL B 4 (Rubén -2- e Cristian -2-)
ACD PIRINGALLA 2 - INFANTIL B 4 (Jorge -2-, David e Rubén)
Cuartos de final
INFANTIL B 0 - CD LUGO A 0. A penaltis: 3-4