RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA cun novo título, esta vez do Infantil B

O Infantil B proclamouse hoxe domingo campión do grupo 1º da Primeira Autonómica ao derrotar en Abegondo ao Ordes.

Desta forma, #ANOSACANTEIRA suma no que vai de temporada 5 títulos, após os acadados anteriormente polo Infantil A (Liga Galega, grupo norte), Alevín A (grupo 1º de Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda, grupo 1º) e Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º).

En Segunda División B houbo duelo de filiais nel Cerro do Espino (Madrid). Se hai uns días víronse as caras no Wanda Metropolitano o Atlético de Madrid e o Dépor, hoxe domingo 15 de abril os protagonistas foron o Atlético B e o Fabril.

O filial deportivista logrou 3 valiosos puntos (1-4) que o aúpan de novo ao liderado, con 62 puntos, após o empate onte do Rayo Majadahonda, que ten tamén 62 puntos, en Cerceda.

Xogaron en casa hoxe domingo 15 o Deportivo ABANCA B (1-0 ao Mos) e o Alevín A (7-0 ao Galicia Caranza).

Coa División de Honra xuvenil xa finalizada e o Xuvenil A á espera do sorteo da primeira eliminatoria da Copa do Rei, esta semana houbo parón na liga Nacional (Xuvenil B), División de Honra cadete (Cadete A), Liga Galega cadete (Cadete B) e Liga Galega infantil (Infantil A), debido aos compromisos das Seleccións Territoriais.

No entanto, este parón foi aproveitado polo Cadete B e Infantil A para, onte sábado 14, xogar e gañar os seus partidos aprazados no seu día en Abegondo ante o Dumbría (4-0) e ante o Ourense (4-1).

Tivo dobre compromiso o Alevín B, que disputou o encontro pertencente a esta fin de semana (triunfo onte sábado 14 sobre o Obradoiro) e a do próximo (hoxe domingo 15 nova vitoria fronte ao Calvo Sotelo) debido a un torneo amigable que xogará en Alemaña o 21 e 22 de abril.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
34ª xornada: ATLÉTICO DE MADRID B 1 - FABRIL 4 (Romay, Uxío -2- e Luís Fernández)

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 26ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Michelle) - UD MOS 0

Categoría cadete
Liga Galega, grupo 1º, 25ª xornada: CADETE B 4 (Mouriño -2-, Fito e Iván) - DUMBRÍA 0

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 11ª xornada: INFANTIL A 4 (Hugo Baldomar -2-, Álex González e Iván) - OURENSE 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 32ª xornada: INFANTIL B 7 (Trigo -3-, Dani -2- e Zerfu -2-) - ORDES 1

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo de fútbol once, 9ª xornada: ALEVÍN A 7 (Héctor -2-, Álvaro, Samuel, Álex, Adrián e Jorge) - GALICIA CARANZA A 0

Segunda Fase, grupo 1º, 10ª xornada: OBRADOIRO 0 - ALEVÍN B 5 (Eli -2-, Xenxo -2- e Dani)
Segunda Fase, grupo 1º, 11ª xornada: ALEVÍN B 13 (Bruno -5-, Eli -3-, Marcos -2-, Dani -2- e Xenxo) - CALVO SOTELO 0

Categoría benjamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 14ª xornada: SAN TIRSO 0 - BENXAMÍN A 5 (Diego -2-, Anxo -2- e Janusz)

Segunda Comarcal A Coruña, 22ª xornada: IMPERÁTOR C 2 - BENXAMÍN B 7 (Paulo -3-, Nico, Gael, Caaveiro e Ioan)