RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en #ANOSACANTEIRA do sábado 10 de febreiro e calendario para o domingo 11 de febreiro

O encontro entre o Infantil A e o Calasanz en Abegondo, pertencente á Fase polo Título Galego, abriu onte venres a xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA. O choque foi para un Dépor fiable (3-1), que todo apunta que se xogará co Celta o campionato.

Tamén xogaron, e gañaron, en Abegondo hoxe sábado o Xuvenil B (1-0) e Cadete A (11-1).

Fóra de casa, o Fabril visitou ao Coruxo (1-0), o Cadete B ao EF Lalín (1-1); e o Infantil B ao Bergantiños (0-3). Para mañá domingo queda o choque do Xuvenil A en Santa Isabel ante o Santiago de Compostela (12:00 horas).

O filial caeu en Vigo ante o Coruxo nun choque igualado que decidiu un tanto local á media hora. Con este resultado, o Fabril queda con 44 puntos á espera do que fagan mañá os seus directos rivais.

Finalmente, o Infantil do Deportivo compite esta fin de semana, aproveitando a festividade de Entroido, na localidade portuguesa de Ponte de Frielas nun torneo internacional de fútbol 9.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo B, co Ponche Frielas, Benfica e Estoril.

Esta fin de semana ten descanso o Deportivo ABANCA B, Alevín A, Alevín B e Benxamín B.

O calendario de partidos, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
25ª xornada: CORUXO 1 - FABRIL 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 23ª xornada: SANTIAGO DE COMPOSTELA - XUVENIL A, o domingo 11 de febreiro ás 12:00 en Santa Isabel (Santiago de Compostela)

Amigable, xogado o pasado mércores: XUVENIL B 4 (Castrín -2-, Bruno e Litos) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 2
Liga Nacional, 22ª xornada: XUVENIL B 1 (Jorge) - CHOCO 0

Categoría cadete
División de Honra, 22ª xornada: CADETE A 11 (Mario -2-, Juan -2-, Portas -3-, Rares, Do Carmo e Concheiro -2-) - CHOCO 1

Amigable, xogado o pasado martes: DEPORTIVO ABANCA 3 - CADETE B 4 (Mouriño -2-, Iago e Víctor)
Liga Galega, grupo 1ª, 22ª xornada: EF LALÍN 1 - CADETE B 1 (Hugo)

Categoría infantil
Torneo Infantil de Ponche de Frielas (Portugal)
Primeira Fase
Sábado 10 de febreiro
ESTORIL 0 - DEPORTIVO 4 (Álvaro -2-, Meki e Manu)

Domingo 11 de febreiro
10:45: BENFICA - DEPORTIVO
17:00: DEPORTIVO - PONTE DE FRIELAS

Os dous primeiros clasificados pasarán a semifinais que se xogarán o luns 12 de febreiro.

Fase polo Título da liga Galega, 5ª xornada: INFANTIL A 3 (Álex González -2- e Álvaro) - CALASANZ 1

Primeira Autonómica, grupo 1ª, 24ª xornada: BERGANTIÑOS B 0 - INFANTIL B 3 (Pablo Seco, Trigo e Zerfu)

Categoría alevín
Amigable, xogado o pasado martes: ALEVÍN B 3 (Cristian -2- e Samuel) - CUNTIS A 4

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 6ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS A 0 - BENXAMÍN A 6 (Janusz -2-, Mosquera, Íker, Diego e Nico)