RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA e calendario 7 e 8 de outubro

Fin de semana interesante para #ANOSACANTEIRA, con cinco equipos que xogan en casa: catro deles en Abegondo (Fabril, Xuvenil A, Cadete B e Infantil A) e un en Arteixo (Deportivo ABANCA B).

O Fabril, líder do grupo 1º da Segunda División B, recibe na Cidade Deportiva ao Valladolid B (domingo 8 ás 17:00 horas). Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso. Para o público sénior, a entrada custa 10 euros e 3 euros para os menores de 16 anos.

Cristóbal Parralo citou a todo o seu equipo, tal e como ten por costume nos partidos na Cidade Deportiva. Causan baixa Bicho e Luís Fernández por lesión e Blas, sancionado.

Os socios branquiazuis tamén teñen entrada gratuíta para o encontro do Xuvenil A o domingo fronte ao Bansander (12:00). As entradas de público custan 3 euros.

A xornada de sábado deixou os triunfos do Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil B e a igualada do Infantil A.

Finalmente, dous equipos do RC Deportivo, Alevín B e Benxamín B, disputaron este sábado 7 de outubro a terceira edición da Marosa Cup de Burela, organizado polo Club Porto de Burela. Os dous equipos alcanzaron a final das súas respectivas categorías e levaron a medalla de prata.

O calendario de partidos do fin de semana, cos resultados do sábado, é o seguinte:

Segunda División B
8ª xornada: FABRIL - VALLADOLID B, o domingo 8 de outubro ás 17:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 5ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - EFM CONCELLO DE BOIRO, o domingo 8 de outubro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
División de Honra, 6ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 8 de outubro ás 12:00 en Abegondo

Liga Nacional, 5ª xornada: CHOCO 1 - XUVENIL B 2 (Rojo e Paulo)

Categoría cadete
División de Honra, 5ª xornada: CHOCO 0 - CADETE A 10 (Juanma -4-, Aye -3-, Do Carmo, Peque e Portas)

Liga Galega, grupo 1º, 5ª xornada: CADETE B 4 (Iago -3- e Hugo) - EF LALÍN 2

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 5ª xornada: INFANTIL A 1 (Iván) - CALASANZ A 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 6ª xornada: CALASANZ B 1 - INFANTIL B 3 (Barral, Xosé e Adrián)

Categoría alevín
Amigable: ALEVÍN A 9 (Lucas -2-, Héctor, David, Óscar -2-, Dani e Ayana -2-) - SAN TIRSO B (infantil) 3

III Torneo Marosa Cup en Burela
Sábado 7 de outubro
Primeira Fase
ALEVÍN B 1 (Raúl) - SANTIAGO DE FOZ 1
ALEVÍN B 2 (Dani e Bruno) - LUGO A 0
VIVEIRO A 3 - ALEVÍN B 5 (Bruno -2-, Raúl, Dani e Rubén)

Semifinal

BURELA B 0 - ALEVÍN B 11 (Raúl, Xenxo, Álex -2-, Bruno -3-, Rubén -2-, David Sánchez e Jairo)

Final

ALEVÍN B 0 - LUGO A 1

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN B 12 (Nico -2-, Pablo Ronquete -2-, Yago Trigo -2-, Paulo, Gael, Ioan, Uxío, Iago e Sergio) - SAN TIRSO A 1

III Torneo Marosa Cup en Burela
Sábado 7 de outubro
Primeira Fase
BENXAMÍN B 8 (Pablo Ronquete -2-, Mauro, Uxío, Yago Trigo, Nico, Paulo e Caaveiro) - MILAGROSA 1
RIBADEO 0 - BENXAMÍN B 8 (Paulo, Caaveiro, Iago, Yago Trigo, Ronquete, Nico, Ioan e Uxío)

Cuartos de final

BENXAMÍN B 8 (Sergio -2-, Ioan -2-, Nico, Pablo Ronquete, Yago Trigo e Uxío) - VIVEIRO A

Semifinal

BENXAMÍN B 2 (Ioan e Iago) - LUGO A 1

Final

BENXAMÍN B 2 (Paulo e Nico) - BURELA 4