RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo, co Fabril como choque destacado

Coa División de Honra xuvenil xa finalizada e o Xuvenil A á espera do sorteo da primeira eliminatoria da Copa do Rei, esta semana hai parón na Liga Nacional (Xuvenil B), División de Honra cadete (Cadete A), Liga Galega cadete (Cadete B) e Liga Galega infantil (Infantil A), debido aos compromisos das Seleccións Territoriais.

No entanto, este parón foi aproveitado polo Cadete B e Infantil A para, hoxe sábado 14, xogar e gañar os seus partidos aprazados no seu día en Abegondo ante o Dumbría (4-0) e ante o Ourense (4-1).

En Segunda División B haberá duelo de filiais no Cerro del Espino (Madrid). Se hai uns días víronse as caras no Wanda Metropolitano o Atlético de Madrid e o Dépor, este domingo 15 de abril (12:00) os protagonistas serán o Atlético B e o Fabril. O reto do conxunto de Munúa é recuperar o liderado, para o que depende ademais do encontro do Rayo Majadahonda o sábado en Cerceda.

O filial deportivista leva a estes futbolistas: Francis, Ricardo, Blas, Quique Fornos, Raúl González, One, Diego Caballo, Queijeiro, Martín Bengoa, Edu Expósito, Bicho, Romay, Borja Galán, Luismi, Luis Fernández, Uxío, Jardel e Boedo.

Nesta ocasión tamén xogan en casa mañá domingo 15 o Infantil B (11:00 en Abegondo), Deportivo ABANCA B (16:00 en Arteixo) e Alevín A (11:00 en Abegondo).

Ten dobre compromiso o Alevín B, que disputou o encontro pertencente a esta fin de semana (triunfo hoxe sábado 14) e ao do próximo (mañá domingo 15 en Abegondo) debido a un torneo amigable que xogará en Alemaña o 21 e 22 de abril.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
34ª xornada: ATLÉTICO DE MADRID B - FABRIL, o domingo 15 de abril ás 12:00 no Cerro del Espino

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 26ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - UD MOS, o domingo 15 de abril ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría cadete
Liga Galega, grupo 1º, 25ª xornada: CADETE B 4 (Mouriño -2-, Fito e Iván) - DUMBRÍA 0

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 11ª xornada: INFANTIL A 4 (Hugo Baldomar -2-, Álex González e Iván) - OURENSE 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 32ª xornada: INFANTIL B - ÓRDENES, o domingo 15 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 5)

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo de fútbol once, 9ª xornada: ALEVÍN A - GALICIA CARANZA A, o domingo 15 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 7)

Segunda Fase, grupo 1º, 10ª xornada: OBRADOIRO 0 - ALEVÍN B 5 (Eli -2-, Xenxo -2- e Dani)
Segunda Fase, grupo 1º, 11ª xornada: ALEVÍN B - CALVO SOTELO, o domingo 15 de abril ás 17:00 en Abegondo (campo de herba artificial)

Categoría benjamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 14ª xornada: SAN TIRSO 0 - BENXAMÍN A 5 (Diego -2-, Anxo -2- e Janusz)

Segunda Comarcal A Coruña, 22ª xornada: IMPERÁTOR C 2 - BENXAMÍN B 7 (Paulo -3-, Nico, Gael, Caaveiro e Ioan)