RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado, con cuádruplo triunfo ante o Lugo, e calendario de mañá domingo

O calendario de partidos da fin de semana en #ANOSACANTEIRA vén marcado por un cuádruplo enfrontamento hoxe sábado 22 co CD Lugo na liga Nacional xuvenil, División de Honra cadete, Liga Galega cadete e Liga Galega infantil.

Destes 4 partidos, todos saldados con triunfo deportivista, 2 foron en Abegondo: Xuvenil B (2-0) e Cadete A (4-0); e os outros 2 no Municipal Rodríguez Lago en Lugo: Cadete B (0-1) e Infantil A (1-2).

En Segunda División B, o Fabril visita ao Burgos, o seu antecesor na clasificación, co firme obxectivo de lograr o seu primeiro triunfo ligueiro.

Tito Ramallo, técnico deportivista, citou aos seguintes xogadores: Álex Cobo, Pedro López, One, Mujaid, Raúl González, Quique Fornos, Lucas, Gaizka, Gandoy, Blas, Víctor, Juane, Javi Cobo, Ortuño, May, Pedro, Joni e Uxío. Queda fóra da convocatoria, por lesión, Bicho.

Tamén xogan lonxe de Abegondo: Deportivo ABANCA B (mañá domingo en Arcade), Xuvenil A (mañá domingo en Colindres) e Infantil B (0-5 hoxe sábado na Coruña).

O único amigable desta semana foi o do Benxamín B, que hoxe sábado derrotou en Abegondo (7-1) á Santa Cruz.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
5ª xornada: BURGOS - FABRIL, o domingo 23 de setembro ás 17:00 no Plantío

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 3ª xornada: ARCADIA EF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 23 de setembro ás 18:30 en O Salgueirón (Arcade)

Categoría xuvenil
División de Honra, 4ª xornada: CD COLINDRES - XUVENIL A, o domingo 23 de setembro ás 12:00 nos Campos del Carmen (Colindres)

Liga Nacional, 3ª xornada: XUVENIL B 2 (Juanma e Luque) - LUGO B 0

Categoría cadete
División de Honra, 3ª xornada: CADETE A 4 (Axel, Padín, Hugo Sánchez e un futbolista rival en propia meta) - LUGO 0

Liga Galega, grupo norte, 3ª xornada: LUGO B 0 - CADETE B 1 (Adrián Lombao)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 3ª xornada: LUGO 1 - INFANTIL A 2 (Martín e Martiño)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 4ª xornada: VICTORIA B 0 - INFANTIL B 5 (Martín, Carlos, Jorge, David e Murilo)

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN B 7 (Iago José -2-, Iago Lameiro -2-, Rodri, Raúl e Pablo Vara) - SANTA CRUZ 1