RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado, con pleno de triunfos, e calendario para mañá domingo

O partido do Cadete A, líder da División de Honra, ante o Racing de Ferrol o pasado xoves 18 de outubro en Abegondo (5-0), abriu a xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA, na primeira fin de semana da temporada con todos os equipos en competición oficial.

Hoxe sábado houbo 7 partidos con representación deportivista, todos eles saldados con vitorias branquiazuis. Un só foi na Cidade Deportiva, o Xuvenil B (2-0) fronte ao CD Choco.

Os restantes 6 foron lonxe de Abegondo: o Xuvenil A (2-3 en Xixón fronte ao CD Covadonga), o Infantil A (0-12 na Grela 1 ante o Victoria CF), o Infantil B (0-3 en San Pedro de Visma 1 ante o CD Calasanz B); ademais dos encontros, e das vitorias, do Alevín B (0-13), Benxamín A (7-0) e Benxamín B (9-0) na Torre.

En Segunda División B, o Fabril repite partido en Abegondo, pero esta vez mañá domingo 21 de outubro ás 17:00 horas.

Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

O filial deportivista busca os 3 puntos en xogo para saír dos postos baixos da clasificación ante un rival da zona alta: os madrileños son terceiros con 17 puntos.

Tito Ramallo citou a todo o seu cadro excepto a Bicho, lesionado.

Tamén compiten mañá domingo o Deportivo ABANCA B (18:00 en Tordoia) e o Cadete B (12:00 no campo da Leyma).

Para o martes 23 de outubro en Abegondo (19:15) queda o partido correspondente á 2ª xornada na Primeira Comarcal A Coruña entre o Alevín A e o SD San Tirso A.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
9ª xornada: FABRIL - SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES, o domingo 21 de outubro ás 17:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 7ª xornada: SD TORDOIA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 21 de outubro ás 18:00 no campo da Rega (Tordoia)

Categoría xuvenil
División de Honra, 8ª xornada: CD COVADONGA 2 - XUVENIL A 3 (Prendes, Armas e Valín)

Liga Nacional, 7ª xornada: XUVENIL B 2 (Juanma e Peke) - CD CHOCO 0

Categoría cadete
División de Honra, 7ª xornada: CADETE A 5 (Nils -3- e Padín -2-) - RACING DE FERROL 0

Liga Galega, grupo norte, 7ª xornada: VICTORIA CF B - CADETE B, o domingo 21 de outubro ás 12:00 en Leyma (A Coruña)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 7ª xornada: VICTORIA CF 0 - INFANTIL A 12 (Mella -3-, Martiño -5-, Marco Baña -2- e Martín -2-)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 8ª xornada: CD CALASANZ B 0 - INFANTIL B 3 (Murilo -2- e Álex)

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 2ª xornada: ALEVÍN A - SD SAN TIRSO A, o martes 23 de outubro ás 19:15 en Abegondo (campo de herba artificial)

Segunda Comarcal A Coruña, 1ª xornada: OZA JUVENIL SD B 0 - ALEVÍN B 13 (Diego -4-, Balbas -2-, Pablo -2-, Yago -2-, Janusz, Xabi e Rubén)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 1ª xornada: BENXAMÍN A 7 (Íker -4-, Mauro, Iago Vázquez e Gael) - OZA JUVENIL SD A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 1ª xornada: BENXAMÍN B 9 (Lucas Vázquez -3-, Pablo -2-, Javi, Rodri, Iago e Lema) - CD CALASANZ C 0