RCD / NOVAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario de amigables para mañá domingo

31/08/2019 19:01

Xuvenís, cadetes e infantís de #ANOSACANTEIRA, ademais do Dépor ABANCA B, teñen cita amigable esta fin de semana, o último para moitos deles antes do inicio das competicións oficiais.

Houbo torneos hoxe sábado para o Infantil A, subcampión do Torneo Apertura en Pontevedra; e para o Infantil B, campión do Memorial Moncho Rivera.

Mañá, a quenda será para o Deportivo ABANCA B (Memorial Faraldo en La Torre), Xuvenil B (torneo Muchacalidad.com na Gándara 2 de Ferrol) e novamente o Infantil B (Torneo de verán Cidade de Lugo).

En Abegondo só xogouse un partido, o do Cadete B ante o Racing de Ferrol B, con espectacular triunfo deportivista: 6-3.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina

16 edición do Memorial Faraldo na Torre (A Coruña)
Domingo 1 de setembro
11:00: ORZÁN SD - DEPORTIVO ABANCA B
13:00: DEPORTIVO ABANCA B - CVC VALLADARES B

Categoría xuvenil

XUVENIL A 3 (Sarmiento, Gonçalo Oliveira e Barba) - CD CONXO SANTIAGO 1

2 edición do Torneo Muchacalidad.com no campo da Gándara 2 (Ferrol)
Domingo 1 de setembro
Semifinal
10:30: RACING DE FERROL - XUVENIL B
17:30: Final de consolación; ou 19:00: Final

Categoría cadete

CADETE A 2 (Seydiba e Marcelo) - CD CALASANZ B (xuvenil) 4
CADETE B 6 (Sierra, Matos, Álvaro, Fernando e Hugo García -2-) - RACING DE FERROL B 3

Categoría infantil

INFANTIL A 5 (Lucas -3-, Jorge e Pablo Parada) - BERGANTIÑOS CF B (cadete) 4

9ª edición Torneo Apertura no campo de Monteporreiro (Pontevedra)
Sábado 31 de agosto
INFANTIL A 2 (Zoe -2-) - UD OURENSE 1
SÁLVORA CF 0 - INFANTIL A 2 (Héctor e Dani Estévez)
Final
INFANTIL A 1 (Jorge) - RC CELTA 1. A penaltis: 1-2

Memorial Moncho Rivera na Grela 1 (A Coruña)
Sábado 31 de agosto
Final
VICTORIA CF B 1 - INFANTIL B 5 (Hugo, Samuel, Murilo -2- e Jairo)

Torneo de Verán Cidade de Lugo, nos campos José María Rodríguez Lago (Lugo)
Domingo 1 de setembro
Primeira Fase
10:35: INFANTIL B - BERTAMIRÁNS FC (campo 1)
12:55: CP CASÁS - INFANTIL B (campo 1)
16:05: ACD PIRINGALLA - INFANTIL B (campo 2)
Os dous primeiros pasan a cuartos de final, que arrincan ás 17:50 horas.