RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario de mañá domingo

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA finalizan mañá domingo 28 de marzo a súa competición na primeira fase da liga.

A Fabril visita ao Viveiro CF en Cantarrana en horario unificado ás 17:00 horas.

O filial deportivista é sétimo con 29 puntos, os mesmos que o CSD Arzúa (sexto) pero por detrás do Silva SD (quinto con 30 puntos). Así pois, para entrar entre o seis primeiros, o Fabril precisa gañar e que o CSD Arzúa ou o Silva SD non gañen os seus partidos ao Polvorín FC e Racing Villalbés respectivamente.

Juan Carlos Valerón citou para o encontro aos seguintes futbolistas: Alberto, Pablo Brea, Iván Guerrero, David Suárez, Yuste, Prendes, Kanouté, Barba, Sanmartín, Guedes, Javi Sánchez, Pescador, Sarmiento, Boedo, Juan Cambón e Adri Castro; ademais dos xuvenís Juan Rodríguez, Guille Bueno e Yeremay.

Cos deberes feitos está xa o Xuvenil B, que visita ao Arosa SC tamén mañá ás 12:00 en Vilagarcía. Os branquiazuis son xa campións hai unhas semanas do subgrupo A de a liga Nacional.

Uns que acaban e outros que comezan. Cadete A, Cadete B e Infantil A iniciaron a competición nos seus subgrupos da División de Honra e Liga Galega respectivamente. Dous deles (Cadete A e Infantil A) impuxéronse na Coruña por 0-6 aos seus respectivos rivais do Atlético Coruña Montañeros CF; mentres que o Cadete B caeu (2-3) onte venres en Abegondo ante o CD Lugo B.

Con descanso esta fin de semana para Deportivo ABANCA B e Xuvenil A antes de iniciar a segunda parte da temporada, alevíns e benxamíns continúan cos seus amigables de pretemporada.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
Subgrupo A, 22ª xornada (última): VIVEIRO CF - FABRIL, o domingo 28 de marzo ás 17:00 en Cantarrana (Viveiro)

Categoría xuvenil
Amigable (xogado o pasado mércores): ATLÉTICO ARTEIXO 2 - XUVENIL A 1 (Álex Delgado)

Liga Nacional, subgrupo A, 18ª xornada (última): AROUSA SC - XUVENIL B, o domingo 28 de marzo ás 12:00 no campo Manuel Jiménez (Vilagarcía)

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo D, 1ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0 - CADETE A 6 (Ogando, Carreira, Domínguez, Kevin -2- e Álex Delgado)

Liga Galega, subgrupo A, 1ª xornada: CADETE B 2 (Óscar e Javi Casanova) - CD LUGO B 3

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B, 1ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 0 - INFANTIL A 6 (Murilo -2-, José Rey -2-, Dani e Brian)

Categoría alevín
Amigable (xogado o pasado martes): ALEVÍN A 11 (Paulo -3-, Alberto -2-, Uxío -2-, Joel -2-, Íker e Nico) - ATLÉTICO ARTEIXO 1

Amigable: ALEVÍN A 8 (Paulo -2-, Alberto -2-, Trigo, Mauro e Nico) - CD CALASANZ 1

Amigable: FABRIL FC ALEVÍN 4 (Raúl -3- e Iago Varela) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 0

Categoría benxamín
Amigable (xogado o pasado martes): BENXAMÍN A 9 (Mario -3-, Thiago -2-, Íker, Yael, Mateo e Javi Barral) - ATLÉTICO ARTEIXO 0

Amigable: BENXAMÍN A 0 - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF C (alevín) 5

Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Hugo, Álvaro e Nacho) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 3