RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

O derbi polo título galego infantil entre o Celta e o Infantil A é o encontro máis destacado da fin de semana en #ANOSACANTEIRA. O partido xogouse na Madroa (Vigo) hoxe sábado e os tres puntos foron para os celestes (4-1).

En Abegondo, con entrada libre para os afeccionados, mañá domingo (10:30) veranse as caras o Infantil B e o Orillamar, co liderado do grupo 1º da Primeira Autonómica en xogo. Ambos os conxuntos marchan separados por un punto á fronte da táboa.

En Segunda División B, o Fabril recibe á Ponferradina o domingo 18 de febreiro ás 12:00 horas tamén en Abegondo.

Os socios deportivistas teñen acceso gratuíto. A entrada de público sénior vale 10 euros (3 euros para os menores de 16 anos).

Para este encontro, Gustavo Munua conta coas baixas de: Luismi, Ismael, Uxío e Bicho; ademais de Borja Galán, sancionado. Todos os demais futbolistas están convocados, incluídos os xuvenís Pedro e Ortuño.

Para o resto de encontros en Abegondo (concretamente o do Xuvenil A mañá domingo ás 17:00), os socios do Dépor teñen entrada libre. O público deberá abonar 3 euros.

Tamén xogan mañá domingo o Deportivo ABANCA B (en Boiro), o Xuvenil B e Cadete A (ambos en Santiago), o Alevín B (na Torre).

A xornada arrincou onte venres 16 de febreiro en San Tirso, co segundo partido do Alevín A, e segundo triunfo (0-6), no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once. 

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
26ª xornada: FABRIL - PONFERRADINA, o domingo 18 de febreiro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 20ª xornada: EFM CONCELLO DE BOIRO - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 18 de febreiro ás 12:00 no campo de Vista Alegre (Boiro)

Categoría xuvenil
División de Honra, 24ª xornada: XUVENIL A - LUGO, o domingo 18 de febreiro ás 17:00 en Abegondo

Liga Nacional, 23ª xornada: COMPOSTELA - XUVENIL B, o domingo 18 de febreiro ás 12:15 nas Cancelas (Santiago)

Categoría cadete
División de Honra, 23ª xornada: SANTIAGO DE COMPOSTELA - CADETE A, o domingo 18 de febreiro ás 12:00 en Santa Isabel (Santiago)

Liga Galega, grupo 1º, 23ª xornada: CADETE B 5 (Hugo -3-, Rares e Buján)  - RACING VILLALBÉS 4

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 6ª xornada: CELTA 4 - INFANTIL A 1 (Álex González)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 25ª xornada: INFANTIL B - ORILLAMAR, o domingo 18 de febreiro ás 10:30 en Abegondo

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, 2ª xornada: SAN TIRSO A 0 - ALEVÍN A 6 (Hugo -2-, David, Héctor, Pablo e Álvaro)

Segunda Fase, grupo 1º, 4ª xornada: CALVO SOTELO - ALEVÍN B, o domingo 18 de febreiro ás 11:00 na Torre

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira comarcal, 7ª xornada: BENXAMÍN A 13 (Raúl -3-, Yago -2-, Íker -2-, Pablo, Mosquera, Diego, Anxo, Nico e Guille) - ORILLAMAR A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 15ª xornada: BENXAMÍN B 3 (Ioan, Uxío e Pablo) - VICTORIA C 2