RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

A estrea de Luisito no banco do Fabril, mañá domingo (12:00 en Abegondo), nun partido crucial para a salvación; e o dobre derbi (Xuvenil B e Cadete A) de hoxe sábado 9 de febreiro en Vigo ante o RC Celta (2-1 en ambos os partidos), son os choques máis destacados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

En Segunda División B, o filial deportivista recibe ao Burgos CF, equipo que agora mesmo ocupa a praza que daría dereito a disputar a promoción de descenso a Terceira División. Unha final ante un rival directo.

Para este encontro, os socios teñen libre acceso. O público paga 10 euros; e 3 euros os menores de 16 anos.

Luisito, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro. A única baixa por causas médicas é Lucas Viña.

Tamén xogan en Abegondo o Xuvenil A (mañá domingo ás 17:00) e hoxe o Cadete B (3-1 ante o Bergantiños CF B). Para o choque da División de Honra xuvenil, os socios teñen libre acceso; e o público paga 3 euros.

Pola súa banda, compiten na Coruña o Infantil A (ante o Ural CF) mañá domingo 10 ás 10:15 na Leyma; e hoxe o Infantil B (1-2 ante o Atlético Coruña Montañeros CF B).

En categoría alevín, o Deportivo A inicia o Trofeo Luis Calvo de fútbol 11 no grupo norte. O seu primeiro rival será o Atlético Coruña Montañeros CF, en Abegondo mañá domingo 10 de febreiro (10:30 horas). O formato de competición é de liga a unha soa volta. O campión do grupo norte xogará no mes de maio a final no campo das Eiroas de Carballo contra o campión do grupo sur.

Tamén o Benxamín B púxose en marcha na Segunda Fase do grupo 1º A Coruña. O seu primeiro rival foi o AD Peñarredonda A, ao que derrotou (2-1) após un disputado partido.

Toca descanso esta semana para o Deportivo ABANCA B.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
24ª xornada: FABRIL - BURGOS CF, o domingo 10 de febreiro ás 12:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 23ª xornada: XUVENIL A - CD COVADONGA, o domingo 10 de febreiro ás 17:00 en Abegondo

Liga Nacional, 22ª xornada: RC CELTA B 2 - XUVENIL B 1 (Peke)

Categoría cadete
División de Honra, 22ª xornada: RC CELTA 2 - CADETE A 1 (Noel)

Liga Galega, grupo norte, 22ª xornada: CADETE B 3 (Adrián Lombao, Xosé e Trigo) - BERGANTIÑOS CF B 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 5ª xornada: URAL CF - INFANTIL A, o domingo 10 de febreiro ás 10:15 no campo da Leyma (A Coruña)

Primeira Autonómica, 24ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B 1 - INFANTIL B 2 (Vilela e Óscar)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 1ª xornada: ALEVÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o domingo 10 de febreiro ás 10:30 en Abegondo (campo 7)

Segunda Fase da Segunda Comarcal A Coruña, 2ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ C 1 - ALEVÍN B 6 (Guillermo, Balbas, Yago, Nico Ruiz, Raúl e Íker)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 12ª xornada: OZA JUVENIL SD A 0 - BENXAMÍN A 7 (Joaquín -2-, Íker -2-, Mauro, Yago Trigo e Gael)

Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 1ª xornada: BENXAMÍN B 2 (Javi e Raúl) - AD PEÑARREDONDA A 1