RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Un partido adiantouse a onte venres na xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA. O Cadete A impúxose en Abegondo (4-2) ao Atlético Coruña Montañeros CF, en partido da División de Honra.

Mañá domingo sobresaen dous encontros, os dous lonxe da Cidade Deportiva:

A Fabril visita ao CF Salmantino ás 17:00 horas no Estadio Helmántico. Luisito, após a vitoria da pasada fin de semana, busca referendar a recuperación do filial deportivista ante un rival tamén da zona baixa.

O Fabril encara o choque con estes futbolistas: Álex Cobo, Leto, Raúl González, Quique Fornos, One, Carrión, Javi Cobo, Carlos López, Víctor, Juanje, Abeledo, Bicho, Valín, Pedro López, May, Uxío, Segado e Montiel, que debutou co primeiro equipo esta tarde en ABANCA-RIAZOR ante o Nàstic de Tarragona.

Na División de Honra, o Xuvenil A mídese ao RC Celta no derbi galego da categoría. O choque xogarase na Madroa ás 16:30 horas.

Ademais do Cadete A, xoga en Abegondo o Deportivo ABANCA B, mañá domingo ás 12:00; e hoxe sábado fixérono: Xuvenil B (2-0), Infantil A (13-0) e Infantil B (1-3).

Finalmente, o Alevín B disputou o seu partido de liga correspondente a esta xornada o pasado sábado, posto que o conxunto deportivista participa esta fin de semana nun torneo amigable en Xenebra (Suíza).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
25ª xornada: CF SALMANTINO - FABRIL, o domingo 17 de febreiro ás 17:00 no Estadio Helmántico (Salamanca)

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 20ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SD VILLESTRO, o domingo 17 de febreiro ás 12:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 24ª xornada: RC CELTA - XUVENIL A, o domingo 17 de febreiro ás 16:30 na Madroa

Liga Nacional, 23ª xornada: XUVENIL B 2 (Víctor e Luque) - AROSA SC 0

Categoría cadete
División de Honra, 23ª xornada: CADETE A 4 (Antón, Nils, Mario e Abele) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2

Liga Galega, grupo norte, 23ª xornada: ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE 0 - CADETE B 3 (Abele, Trigo e Jacobo)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 6ª xornada: INFANTIL A 13 (Mella -4-, Marco Baña, Martín -3-, Domínguez, Gabriel, Monteagudo e 2 futbolistas rivais en propia meta) - EF PORTERO '2000' 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 25ª xornada: INFANTIL B 1 (Murilo) - CD CALASANZ B 3

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 2ª xornada: EF RACING DE FERROL A - ALEVÍN A, o domingo 17 de febreiro ás 12:00 no campo de Aneiros (Ferrol)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 13ª xornada: BENXAMÍN A 10 (Yago Trigo -2-, Joaquín, Uxío -2-, Ioan, Paulo, Íker, Mauro e Pablo Ronquete) - SD SAN TIRSO A 1

Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º, 2ª xornada: SPORTING CORUÑÉS C 0 - BENXAMÍN B 14 (Raúl -4-, José Quiroga -3-, Iago Varela -3-, Lucas Vázquez -2-, Iago Lameiro e Hugo)