RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Esta fin de semana de Entroido non teñen competición 5 equipos de #ANOSACANTEIRA: Infantil B, Alevín A, Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

Retornan á liga o Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A, que a pasada semana tiveron parón debido aos compromisos das seleccións galegas.

De todos eles, Deportivo ABANCA B, mañá domingo ás 12:00; e Xuvenil A (3-0) e Cadete B (4-2) hoxe sábado xogan en Abegondo.

Compiten lonxe da Cidade Deportiva o Fabril, mañá domingo ás 12:00 en Madrid ante o AD Unión Adarve; e hoxe sábado: Xuvenil B (0-3 en Redondela), Cadete A (0-2 en Ferrol) e Infantil A (0-3 en Ourense).

O filial xógase outra final no barrio madrileño do Pilar ante un rival directo, un AD Unión Adarve que ocupa actualmente a praza de promoción de descenso, con 26 puntos, 8 máis que os fabrilistas.

Luisito, técnico fabrilista, leva aos seguintes futbolistas: Álex Cobo, Pedro López, Mujaid, Leto, Valín, One, Raúl González, Segado, Gaizka, Javi Cobo, Abeledo, Juanje, Montiel, Uxío, May, Víctor, Bicho e Sáelles-Lamonge.

Lucas está de baixa; e Quique Fornos, Carrión, Carlos López e Gandoy, sancionados.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
27ª xornada: AD UNIÓN ADARVE - FABRIL, o domingo 3 de marzo ás 12:00 no campo García da Mata (Madrid)

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 22ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SD TORDOIA, o domingo 3 de marzo ás 12:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 25ª xornada: XUVENIL A 3 (Jorge, Kilian e Gonçalo) - DEPORTIVO ROCES 0

Liga Nacional, 24ª xornada: CD CHOCO 0 - XUVENIL B 3 (Luque -2- e Do Carmo)

Categoría cadete
División de Honra, 24ª xornada: RACING DE FERROL 0 - CADETE A 2 (Hugo Suárez -2-)

Liga Galega, grupo norte, 24ª xornada: CADETE B 4 (Pablo Trigo -2-, Hugo García e Daniel) - VICTORIA CF B 2

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 7ª xornada: OURENSE CF 0 - INFANTIL A 3 (Mardones, Mella e Marco Baña)