RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

A xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA iniciouse o pasado mércores 6 de marzo en Abegondo, co partido entre o Alevín A e o Galicia de Caranza (11-0), correspondente á 4ª xornada do grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once.

O outro partido adiantado a fin de semana nas categorías inferiores branquiazuis foi onte venres 8 de marzo, tamén na Cidade Deportiva. O Cadete A impúxose (1-0) ao Victoria CF A, en partido da 25ª xornada na División de Honra.

Xogaron hoxe sábado 9 de marzo en Abegondo o Xuvenil A (4-0), Xuvenil B (2-2) e o gran partido da fin de semana: na Fase polo Título da liga Galega enfrontáronse o Infantil A, líder, e o segundo clasificado, o Bertamiráns FC. Venceron os branquiazuis (4-1), que consolidan o seu dominio nesta segunda parte da temporada. Para mañá domingo 10 queda o Infantil B - Oza Juvenil SD (11:30).

Por outra banda, en Segunda División B, o Fabril repite partido lonxe de Abegondo, após o da pasada semana en Madrid fronte ao AD Unión Adarve. Mañá domingo (12:00 horas) visita a difícil cancha da UD San Sebastián de los Reyes.

Luisito, técnico fabrilista, citou aos seguintes xogadores: Pedro López, Leto, Gaizka, One, Raúl González, Quique Fornos, Valín, Abeledo, Gandoy, Bicho, Carlos López, Javi Cobo, Víctor, Montiel, Juanje, Álex Cobo, May e Uxío.

Do mesmo xeito que o filial deportivista, compiten lonxe da Cidade Deportiva o Deportivo ABANCA B (mañá domingo ás 17:00 en Lugo) e Cadete B (1-3 hoxe sábado 9 de marzo en Lalín).

Finalmente, o partido do Alevín B ante o CD Calasanz C, correspondente á 4ª xornada na Segunda Fase Comarcal, xogarase o venres 15 (20:00 horas, San Pedro de Visma), debido á participación esta fin de semana do conxunto deportivista na 20ª edición do Memorial Mateo David Bautista, na localidade malagueña de Nerja.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
28ª xornada: UD SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES - FABRIL, o domingo 10 de marzo ás 12:00 no Estadio Municipal Matapiñonera

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 23ª xornada: SCD MILAGROSA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 10 de marzo ás 17:00 no campo Luis López Gorgoso (Lugo)

Categoría xuvenil
División de Honra, 26ª xornada: XUVENIL A 4 (César -2-, Armas e Israel) - ALONDRAS CF 0

Liga Nacional, 25ª xornada: XUVENIL B 2 (Víctor Guerra e Luque) - VICTORIA CF A 2

Categoría cadete
División de Honra, 25ª xornada: CADETE A 1 (Padín) - VICTORIA CF A 0

Liga Galega, grupo norte, 25ª xornada: EF LALÍN 1 - CADETE B 3 (Mauro e Trigo -2-)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 8ª xornada: INFANTIL A 4 (Marcote, Marco Baña -2- e Mella) - BERTAMIRÁNS FC 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 27ª xornada: INFANTIL B - OZA JUVENIL SD, o domingo 10 de marzo ás 11:30 en Abegondo (campo 7)

Categoría alevín
Torneo Luis Calvo, grupo norte, 4ª xornada: ALEVÍN A 11 (Bruno -2-, Jorge, Erick -2-, Murilo, Daniel, David, Marcos, Raúl e Rubén) - GALICIA DE CARANZA 0

Segunda Fase da Segunda Comarcal, 4ª xornada: CD CALASANZ C - ALEVÍN B, o venres 15 de marzo ás 20:00 horas en San Pedro de Visma 1

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 15ª xornada: BENXAMÍN A 6 (Ioan -2-, Iago, Trigo, Pablo e Paulo) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 1

Segunda Fase grupo 1º, 4ª xornada: GALICIA GAITEIRA 1 - BENXAMÍN B 7 (Rodrigo -3-, Lucas Vázquez, Iago José, Iago Lameiro e José Quiroga)