RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

O partido entre o CD Calasanz C e o Alevín B, onte venres 15 de marzo (0-4) en San Pedro de Visma, abriu a fin de semana en #ANOSACANTEIRA. O encontro corresponde á xornada do sábado 9 de marzo, pero foi aprazado no seu día debido á participación do conxunto deportivista a pasada fin de semana no Memorial David Bautista en Nerja (Málaga), competición na que acabou como brillante subcampión.

Esta fin de semana xóganse 4 partidos en Abegondo, un hoxe sábado 16 (12-2 do Xuvenil B ao CVC Valladares) e outro tres mañá domingo 17: Fabril (17:00), Cadete A (12:00) e Deportivo ABANCA B (12:00).

O filial deportivista recibe ao Coruxo FC co obxectivo de cambiar a dinámica cunha vitoria.

Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. O público paga 10 euros; e 3 euros os menores de 16 anos.

Luisito, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro, dispoñible ao completo para o encontro.

O partido do Cadete A correspondente á División de Honra tamén é de libre acceso para os abonados deportivistas. En ambos os casos, o público paga 3 euros.

A entrada é gratuíta para os afeccionados que queiran ver ao líder da Primeira Autonómica Feminina, o Deportivo ABANCA B, no seu duelo de mañá domingo (12:00 horas) ante o Victoria FC B de Santiago.

Os demais equipos de #ANOSACANTEIRA compiten lonxe de Abegondo. Hoxe sábado 16 xogaron: Cadete B (0-4 na Leyma ante o Ural CF B), Infantil A (2-7 en Ferrol fronte ao Racing) e Infantil B (4-3 en San Pedro de Visma ante o Orillamar SD); mentres que Xuvenil A (11:00 en Santander fronte ao Bansander) e Alevín A (11:00 en Lugo ante a SD Residencia A) farano mañá domingo 17.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
29ª xornada: FABRIL - CORUXO FC, o domingo 17 de marzo ás 17:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 24ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA FC B, o domingo 17 de marzo ás 12:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 27ª xornada: BANSANDER - XUVENIL A, o domingo 17 de marzo ás 11:00 no campo de San Juan de Monte (Santander)

Liga Nacional, 26ª xornada: XUVENIL B 12 (Juanma -2-, Pol, Fito, Mario -3- Litos, Luque -2- e Do Carmo -2-) - CVC VALLADARES 2

Categoría cadete
División de Honra, 26ª xornada: CADETE A - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o domingo 17 de marzo ás 12:00 en Abegondo

Liga Galega, grupo norte, 26ª xornada: URAL CF B 0 - CADETE B 4 (Trigo -2- e Hugo Suárez -2-)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 9ª xornada: RACING DE FERROL 2 - INFANTIL A 7 (Monteagudo, Carlos, Mella -4- e Domínguez)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 28ª xornada: ORILLAMAR SD 4 - INFANTIL B 3 (Marco Baña, Meki e Bruno)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 5ª xornada: SD RESIDENCIA A - ALEVÍN A, o domingo 17 de marzo ás 11:00 no campo da Cheda (Lugo)

Segunda Fase da Segunda Comarcal, 4ª xornada: CD CALASANZ C 0 - ALEVÍN B 4 (Pablo, Rubén, Mosquera e Diego)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 16ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ A 1 - BENXAMÍN A 10 (Íker -4-, Yago Trigo -3-, Gael, Nico e Uxío)

Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 5ª xornada: BENXAMÍN B 1 (José Quiroga) - VICTORIA CF B 0