RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Dous partidos de #ANOSACANTEIRA xóganse mañá domingo.

En Terceira División, o Fabril recibe ao Racing Villalbés aínda coa espiña cravada da derrota ante o Silva SD no último minuto do derbi coruñés xogado a pasada fin de semana na Grela.

Luisito citou a todo o seu cadro, ademais da o xuvenil Juan Rodríguez. Son baixa segura Kanouté, por sanción; Mujaid, citado polo primeiro equipo; e David Sánchez, Aarón e Bourdal, lesionados.

O filial deportivista estrea horario (15:45), despois do encontro do Deportivo ABANCA ante o Sevilla FC da Primera Iberdrola, previsto este para as 11:45.

Os socios teñen libre acceso ao partido co seu carné de temporada. Para o público, a entrada custa 10 euros.

O outro encontro é a visita do Cadete A, líder destacado da División de Honra, ao CD Conxo Santiago, en choque que arrancará ás 12:00 no campo santiagués da Merced.

Xogaron hoxe sábado 30 na Cidade Deportiva: Deportivo ABANCA B (4-0), Xuvenil A (0-1), Infantil A (2-0) e Infantil B (9-0); e lonxe de Abegondo o Xuvenil B en Redondela (1-2).

Así mesmo, iniciaron hoxe sábado con vitorias a Liga Comarcal e Primeira C os alevíns e benxamíns branquiazuis. Foi na 2ª xornada, posto que a 1ª, prevista o pasado sábado, foi aprazada polo temporal de vento e choiva que azoutou ese día A Coruña e a súa comarca.

A xornada arrincou onte venres co Cadete B, líder do grupo norte da Liga Galega, e o seu empate en Abegondo ante o Galicia Caranza (2-2).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
15ª xornada: FABRIL - RACING VILLALBÉS, o domingo 1 de decembro ás 15:45 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 12ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Patri López, Carlota e Navia -2-) - SPORTING DE GIJÓN B 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 13ª xornada: XUVENIL A 0 - CD CONXO SANTIAGO 1

Liga Nacional, 13ª xornada: CD CHOCO 1 - XUVENIL B 2 (Do Carmo e Hugo Baldomar)

Categoría cadete
División de Honra, 13ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - CADETE A, o domingo 1 de novembro ás 12:00 no campo da Merced (Conxo, Santiago)

Liga Galega, grupo norte, 13ª xornada: CADETE B 2 (Domínguez e Iván) - GALICIA CARANZA 2

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 13ª xornada: INFANTIL A 2 (Dani Estévez e Jorge García) - CD CONXO SANTIAGO 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 13ª xornada: INFANTIL B 9 (Beade -3-, Carballo -2-, Xenxo, Memet -2- e un futbolista rival en propia meta) - CD CALASANZ B 0

Categoría alevín
Liga Comarcal, 2ª xornada: ALEVÍN A 5 (Diego -2-, Anxo -2- e Janusz) - SAN TIRSO SD A 0

Primeira C, 2ª xornada: ALEVÍN B 4 (Paulo -2-, Alberto e Joaquín) - URAL CF C 2

Categoría benxamín
Liga Comarcal, 2ª xornada: OLÍMPICO CF A 0 - BENXAMÍN A 6 (Pablo Somoza -2-, Hugo -2-, Pablo Vara e Martín Forján)

Primeira C, 2ª xornada: BENXAMÍN B 8 (Íker -3-, Hugo -2-, Mario -2- e Sergio) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B 0