RCD / NOVAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

24/10/2020 20:44

O Xuvenil A logrou esta tarde o triunfo (4-2) no choque estrela da súa pretemporada, a visita do RC Celta a Abegondo. A próxima cita será xa ligueira no subgrupo A de o grupo 1º da División de Honra.

No outro partido de xuvenís, o Dépor B de Alejandro Antón e Aldo Duscher caeu (0-1) ante o CD Calasanz de División de Honra no campo de O Monte (San Tirso). Os branquiazuis progresan adecuadamente na recta final desta atípica pretemporada.

En competición oficial están o Fabril e o Deportivo ABANCA B. O filial masculino dirixido por Juan Carlos Valerón recibe en Abegondo (mañá domingo 25 de outubro, 12:00 horas) ao UD Paoisaco H. Añón.

O técnico deportivista citou a todos os seus futbolistas dispoñibles. Son baixa Reinoso, Cambón, Pescador, Javi Sánchez e Sanmartín, lesionados; Kanouté, sancionado pola súa expulsión o pasado domingo nas Somozas; e Adri Castro, citado co primeiro equipo para o encontro ante a SD Compostela. A maiores entran na citación do Fabril os xuvenís: Juan Rodríguez, Peke, Brais Val, Nájera e Guille.

O outro equipo en competición oficial, o Deportivo ABANCA B, non puido hoxe en Sanxenxo coas Viaxes InterRías FF (3-1). O choque corresponde á 2ª xornada no subgrupo A de o grupo 1º de Primeira Nacional.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
Subgrupo A, 2ª xornada: FABRIL - UD PAIOSACO H. AÑÓN, o domingo 25 de outubro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 2ª xornada: VIAXES INTERRÍAS FF 3 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Nuria Torres)

Categoría xuvenil
Amigable, xogado o pasado mércores: XUVENIL A 4 (Nájera -2-, Do Carmo e Mella) - URAL CF 2
Amigable: XUVENIL A 4 (Do Carmo, Urdiales, Jairo e Padín) - RC CELTA 2

Amigable: XUVENIL B 0 - CD CALASANZ 1