RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Co Fabril xa de vacacións, esta fin de semana hai unha mini xornada de partidos en #ANOSACANTEIRA.

Ademais do tres equipos alevíns, só compiten o Deportivo ABANCA B (domingo ás 12:00 en Abegondo ante o CDE Racing Féminas), Cadete B (domingo ás 12:00 en Viveiro), Infantil B (0-10 hoxe sábado en Elviña pequeno) e Xuvenil B.

Precisamente do equipo que dirixen Alejandro Antón e Aldo Duscher, o Xuíz Único de Competición fixou as datas dos dous partidos que foron aprazados no seu día no grupo C de ascenso da liga Nacional.

Así, o encontro da 3ª xornada en Abegondo entre o Xuvenil B e o CD Areosa do pasado 1 de maio xogouse hoxe sábado, saldado con claro triunfo branquiazul (5-1) e cun protagonista, o dianteiro branquiazul Martín Ochoa, autor de catro dianas.

O partido en Vigo ante o Coruxo FC, correspondente á 4ª xornada disputada o pasado 8 de maio, terá lugar este mércores 19 de maio ás 20:00 no campo de Fragoselo (Vigo).

A última xornada do grupo disputarase o domingo 23 de maio ás 12:00, en horario unificado para todos os partidos con incidencia na clasificación. Nesta xornada, o Xuvenil B recibirá na Cidade Deportiva ao RC Celta B.

Teñen parón ligueiro o Cadete A (División de Honra), Cadete B (Liga Galega), Infantil A (Liga Galega), Benxamín A (Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A) e Fabril FC Benxamín (Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C).

Finalmente, o partido do Xuvenil A en Abegondo ante o Real Racing Club de Santander, previsto para esta fin de semana e correspondente á 4ª xornada da División de Honra, segunda fase grupo 1C, foi aprazado por COVID-19 no vestiario deportivista.

Agora, será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data "o máis próxima posible no tempo, que se determinará axiña que como se acrediten as circunstancias que permitan a disputa do mesmo".

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Primeira Nacional, segunda fase, grupo 1C, 5ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CDE RACING FÉMINAS, o domingo 16 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 5)

Categoría xuvenil
División de Honra, segunda fase, grupo 1C, 4ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, aprazado

Liga Nacional, segunda fase, grupo C de ascenso, 3ª xornada: XUVENIL B 5 (Martín Ochoa -4- e Diego Gómez) - CD AREOSA 1

Categoría cadete
Liga Galega, subgrupo A norte, 9ª xornada: VIVEIRO CF - CADETE B, o domingo 16 de maio ás 12:00 nos Municipal Marcos Gómez (Viveiro)

Categoría infantil
Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, 6ª xornada: SPORTING CORUÑÉS SD A 0 - INFANTIL B 10 (Íker Gil -3-, Iván -3-, Alberto -3- e Lucas)

Categoría alevín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A, 6ª xornada: VICTORIA CF B 0 - ALEVÍN 7 (Paulo -3-,  Joaquín, Mauro, Ander e Íker)

Primeira Autonómica de fútbol oito, grupo A, 4ª xornada: ALEVÍN A - CF DEPORTIVO ORZÁN A, o domingo 16 de maio ás 9:30 en La Torre (campo 2.1)

Primeira Autonómica de fútbol oito, grupo B, 4ª xornada: IMPERÁTOR OAR C 0 - FABRIL FC ALEVÍN 10 (Raúl -4-, Gabi -2-, Iago Lameiro, Martín Forján, Pablo Somoza e Javi)