RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA teñen cita ligueira mañá domingo. O Xuvenil B inicia ás 09:30 no campo da Grela na Coruña ante o Ural Español CF B a defensa do seu título de campión da liga Nacional.

Esta temporada, o formato de competición será de liga a dobre volta todos contra todos, cun total de 34 xornadas. Os dous primeiros ascenderán á División de Honra e os dous últimos perderán a categoría.

Ademais, a Fabril visita ao Noia CF ás 18:00 horas na segunda xornada en Terceira RFEF. Após o empate sen goles ante o Racing Villalbés do primeiro encontro, Óscar Gilsanz citou aos seguintes fabrilistas para este segundo envite: Alberto, Brais, Iván Guerrero, David Suárez, Juan Rodríguez, Dani Barcia, Víctor, Mario, Brais Val, Barba, Fabio, Runy, Mella, Nájera, Sanmartín, Davo e Juan Cambón.

Hoxe sábado, o Deportivo ABANCA B igualou (1-1) en Avilés ante o Versalles CF a pesar de xogar máis dunha hora de partido cunha futbolista menos por expulsión de Aroa González; e o Xuvenil A, que repetiu cita en Abegondo, goleou ao CD Covadonga (6-1).

Finalmente tiveron test amigable hoxe sábado o Cadete en Narón (0-8); e os dous equipos alevíns e os dous benxamíns do Club en Bertamiráns, todos eles finalizados con triunfos.

E onte, o Infantil participou na X edición do Torneo Apertura organizado polo Club Portero 2000 no campo de Monteporreiro (Pontevedra).

O conxunto de Miguel Figueira logrou a medalla de prata nun formato de competición de liga todos contra todos. Só foi superado na clasificación final polo RC Celta pero non polos puntos, senón polo golaveraje xeral. Deportivistas e célticos sumaron 7 puntos, con dúas vitorias e un empate (0-0) no partido que os enfrontaba entre si; pero os vigueses anotaron dous tantos máis que os coruñeses no torneo.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
2ª xornada: NOIA CF - FABRIL, o domingo 19 de setembro ás 18:00 no campo de San Lázaro (Noia)

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 3ª xornada: VERSALLES CF 1 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Marta Rico)

Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: XUVENIL A 6 (Martín Ochoa -4-, Hugo Baldomar e Garaboa) - CD COVADONGA 1

Liga Nacional, 1ª xornada: URAL ESPAÑOL CF B - XUVENIL B, o domingo 19 de setembro ás 9:30 na Grela

Categoría cadete
Amigable: SD O VAL 0 - CADETE 8 (Guerrero -2-, Jorge -2-, Juan Barros, Oreiro, Luis Viñas e Iraitz)

Categoría infantil
Amigable (xogado o pasado mércores): INFANTIL 10 (Janusz -2-, Rubén -2-, Marcos -2-, Mosquera, Diego, Lucas e Hugo) - VICTORIA CF A 0

X Torneo Apertura en Monteporreiro (Pontevedra)
Venres 17 de setembro
EF PORTERO 2000 0 - INFANTIL 3 (Xabi e Íker Casuso -2-)
AROUSA SC 0 - INFANTIL 2 (Balbas e Íker Casuso)
INFANTIL 0 - RC CELTA 0

Categoría alevín
Amigable: BERTAMIRÁNS FC 0 - ALEVÍN A 3 (Javi, Gabi e Somoza)

Amigable: BERTAMIRÁNS FC B 1 - FABRIL FC ALEVÍN 8 (Jorge -2-, Iván -2-, Luaces, Álvaro, Nacho e David)

Categoría benjamín
Amigable: BERTAMIRÁNS FC 2 - BENXAMÍN A 4 (Íker -2-, Hugo e Javi)

Amigable: BERTAMIRÁNS FC B 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Álvaro -3-, Mateo -2-, Bruno, Miguel e Astray)