RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

O calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA abriuno onte venres o Infantil, que dobregou ao San Tirso SD (8-0) na terceira xornada do subgrupo B norte da Liga Galega.

Antes, o pasado martes 12 de outubro, día festivo, o Fabril visitou ao Ourense CF en xornada ligueira intersemanal. Houbo empate sen goles (0-0) nun partido igualado cun tempo para cada equipo.

O filial deportivista, con once puntos, mantense na zona nobre da clasificación de Terceira RFEF.

Hoxe sábado tiveron cita en Abegondo o Xuvenil A, que venceu (2-1) ao Pontevedra CF antes do partido do mércores 20 da UEFA Youth League en ABANCA-RIAZOR fronte ao MKS Pogoń Szczecin.

O Real Club Deportivo quere converter este encontro ante os polacos nunha gran festa para toda a mocidade da cidade e para o fútbol formativo coruñés, coincidindo cunha noite histórica para a canteira do Club e todos os que formaron parte da mesma ao longo da súa historia. Por iso, a través da Fundación RC Deportivo, todos os colexios e institucións sociais da cidade están convidados a acudir a ABANCA-RIAZOR.

Co obxectivo de impulsar os valores do fútbol, a Fundación RC Deportivo convidou a todas as institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Tamén xogou na Cidade Deportiva o equipo Cadete ante o Racing de Ferrol, ao que deixou sen opción algunha de arrancar algo positivo (8-0).

Fóra de casa compiten unicamente o Deportivo ABANCA B, mañá domingo ás 12:00 en Mos; e o Xuvenil B, 1-3 esta tarde en Ferrol, nun choque que os branquiazuis decantaron ao seu favor no último tramo de partido.

O filial feminino, encarará o choque fronte ao UD Mos con estas xogadoras: Nuria Gómez, Reigosa (xuvenil do SD Orzán), Aroa González, Paula Novo, María Calvo, Ansede, Uxía, Antía Brage (xuvenil do SD Orzán), Laura Testa, Elena López 'Cusi', Iria Otero (xuvenil do SD Orzán), Paula Monteagudo, Valeria Filgueira (xuvenil do SD Orzán), Trillo, Marta Méndez, Noela, Tati e Laura Otero (cadete do SD Orzán).

A fin de semana toca descanso para o Fabril, do mesmo xeito que para o Orzán SD Xuvenil Feminino na súa segunda xornada na Primeira División Galega. Aproveitando esta circunstancia, o equipo orzanista disputou un encontro de preparación no Burgo, saldado con vitoria (1-9).

Finalmente, continúan con partidos amigables os alevíns e benxamíns; ademais do Orzán SD Cadete Feminino.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Primeira Nacional, 6ª xornada: UD MOS - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 17 de outubro ás 12:00 no campo das Baloutas

Amigable: SPORTING BURGO 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 9 (Abril -3-, Valeria -3-, Macarena González, Lucía Rivas e Sara Cercido)

Amigable: UD CARRAL - ORZÁN SD CADETE FEMININO, o domingo 17 de outubro ás 19:00 no Municipal Borja Rodríguez Ans (Carral)

Categoría xuvenil
División de Honra, 7ª xornada: XUVENIL A 2 (Pablo Trigo e Mella) - PONTEVEDRA CF 1

Liga Nacional, 5ª xornada: RACING DE FERROL 1 - XUVENIL B 3 (Álex Delgado, David Domínguez e Carreira)

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo A, 3ª xornada: CADETE 8 (Taibo, Guerrero -2-, Jorge García -2-, Diego Miranda e Jaime -2-) - RACING DE FERROL 0

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 3ª xornada: INFANTIL 8 (Rubén, Marcos -2-, Balbas -2-, Abel, Iker Casuso e Janusz) - SAN TIRSO SD 0

Categoría alevín
Amigable: SAN TIRSO SD 0 - ALEVÍN A 9 (Martín Forján -3-, Antón -2-, Iago Lameiro, Javi Seoane, Gabriel e Pablo Somoza)

Amigable: FABRIL FC ALEVÍN 7 (Alejandro Pais, Javi Barral, Thiago Montes, Hugo Caridad, Íker Obeso, Sergio e Leo) - URAL ESPAÑOL CF 0

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN A 6 (Nacho -3-, Álvaro, Jorge e Martín) - URAL ESPAÑOL CF 2

Amigable: SAN TIRSO SD 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Mateo, Miguel, Álvaro Rodríguez, Bruno e Thiago López)