RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Dous partidos de #ANOSACANTEIRA quedan para mañá domingo 28 de novembro.

En Tercera RFEF, o Fabril, após tombar ao líder UD Somozas en Abegondo a pasada fin de semana, visita ás 16:30 ao CSD Arzúa, un rival que transita pola zona media-baixa da táboa pero que no seu campo do Viso só perdeu un partido no que vai de liga.

Óscar Gilsanz non poderá contar con Yeremay, citado co primeiro equipo ademais dos outros canteiráns Trilli e Noel, en dinámica do primeiro equipo. A convocatoria está formada por estes xogadores: Alberto, Brais Suárez, Iván Guerrero, Iano Simão, Juan Rodríguez, Dani Barcia, David Suárez, Brais Val, Javi Sanmartín, Mario, Barba, Fabio, Nájera, Runy, Víctor, Mella, Juan Cambón e Davo.

Ademais, o Orzán SD Xuvenil Feminino enfróntase ás 12:00 no campo de Sinde B ao SD O Val na Primeira División Galega, subgrupo A.

Hoxe sábado, sete equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron cita nunha xornada con catro partidos xa disputados entre semana.

O Deportivo ABANCA B, no grupo 1º de Primeira Nacional, dobregou na Cidade Deportiva (4-0) ao Victoria FC impulsado polo triunfo do pasado domingo en Xixón no minuto 93.

Ademais, tamén competiron en casa o Orzán SD Cadete Feminino (3-4 na Torre ante o Sárdoma CF), Orzán SD Infantil Feminino (0-1 no campo Víctor Fernández Alonso da Coruña ante o Victoria CF), Xuvenil A (4-0 en Abegondo ante o ED Val Miñor Nigrán) e Alevín A e Benxamín A (8-0 e 6-0 no campo de herba sintética de Abegondo ante Orillamar SD e CD Calasanz). Estes dous últimos equipos están pendentes de coñecer o seu calendario ligueiro.

Fóra de casa, o Xuvenil B, á caza do líder da Liga Nacional, igualou (2-2) nos Remedios co Pabellón Ourense CF B un partido con alternativas no marcador.

O pasado xoves 25 de novembro, o Infantil, que pelexa co CD Lugo polo liderado do subgrupo B norte da Liga Galega, impúxose (12-0) en Abegondo ao Viveiro SD.

Ese mesmo xoves na Cidade Deportiva, e á espera de coñecer o calendario de competición, Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín disputaron senllos amigables ante o Atlético Coruña Montañeros CF no campo de herba sintética. En ambos houbo triunfo deportivista: 7-0 en alevíns e 4-1 os benxamíns.

Onte venres 26 en Abegondo xogouse un duelo no máis alto do subgrupo A da División de Honra cadete. Fronte a fronte estiveron o líder, o Dépor, ante o seu inmediato perseguidor, o San Tirso SD. Os branquiazuis gañaron e aumentaron a súa renda á fronte da táboa (6-0).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera RFEF
13ª xornada: CSD ARZÚA - FABRIL, o domingo 28 de novembro ás 16:30 no campo do Viso

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 11ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - VICTORIA FC 0

Primeira División Galega, subgrupo A, 8ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 28 de novembro ás 12:00 no campo de Sinde B

Liga Galega, 6ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO 3 (Ana Capelo -2- e Maca González) - SÁRDOMA CF 4

Liga Galega, subgrupo 1º, 6ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 0 - VICTORIA CF 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 13ª xornada: XUVENIL A 4 (Diego Gómez -2-, Jairo e Padín) - ED VAL MIÑOR 0

Liga Nacional, 11ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF B 2 - XUVENIL B 2 (Rubén Vilela e Mardones)

Categoría cadete
División de Honra, 9ª xornada: CADETE 6 (Manu Ferreiro, Guerrero, Jaime -3- e David Carballo) - SAN TIRSO SD 0

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 8ª xornada: INFANTIL 12 (Balbas -2-, Iker Casuso -4-, Marcos, Lucas, Borja, Diego -2- e Janusz) - SD VIVEIRO 0

Categoría alevín
Amigable: ALEVIN A 8 (Martín Forján -3-, Gabri -2-, Iago Lameiro, José Quiroga e Raúl) - ORILLAMAR SD 0

Amigable: FABRIL FC ALEVÍN 7 (Mario -2-, Javi Barral, Asier, Thiago Montes, Hugo Caridad e Iker Obeso) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN A 6 (Álvaro Gómez -2-, David Gómez, Nacho Villanueva e Hugo Luaces -2-) - CD CALASANZ 0

Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Hugo Quintela -2-, Miguel e Thiago) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1