Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo
Fin de semana de fútbol na Cidade Deportiva de Abegondo, cun partido hoxe sábado (triunfo 7-0 do Infantil A) e outros 4 mañá domingo 16 de setembro: Fabril (17:00 horas), Deportivo ABANCA B (12:00), Xuvenil A (19:00) e Infantil B (12:00)
O partido estrela é sen dúbida a visita da Ponferradina ao Fabril. Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.
Tito Ramallo poderá contar con Álex Cobo, Javi Cobo e Víctor García, que estiveron concentrados co primeiro equipo en Zaragoza e Los Ángeles de San Rafael (Segovia) e regresaron hoxe sábado.
Completan a convocatoria fabrilista: Pedro López, One, Mujaid, Raúl González, Quique Fornos, Lucas, Gaizka, Gandoy, Blas, Salles-Lamonge, Villares, Bicho, Juanje, Montiel, Luismi, May, Uxío e Pedro.
Para os demais encontros en Abegondo, salvo para o do Infantil B, que é de acceso libre, os socios do Dépor pasan gratis. A entrada de público custa 3 euros.
Lonxe da Cidade Deportiva, o Xuvenil B caeu (2-1) en Porriño e o Cadete A venceu en Vigo (1-2) ao Coruxo.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda División B 4ª xornada: FABRIL - PONFERRADINA, o domingo 16 de setembro ás 17:00 en Abegondo
Categoría feminina Primeira Autonómica, 2ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - UMIA CF, o domingo 16 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
Categoría xuvenil División de Honra, 3ª xornada: XUVENIL A - URAL, o domingo 16 de setembro ás 19:00 en Abegondo
Liga Nacional, 2ª xornada: PORRIÑO INDUSTRIAL 2 - XUVENIL B 1 (Fito)
Categoría cadete División de Honra, 2ª xornada: CORUXO 1 - CADETE A 2 (Yago e Axel)
Liga Galega, grupo norte, 2º xornada, xogado o pasado mércores: CADETE B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - MILAGROSA 1
Categoría infantil Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: INFANTIL A 7 (Martín -2-, Marco Baña -2-, Mella, Marcote e Rubén) - ATLÉTICO RIBEIRA 0
Primeira Autonómica, grupo 1º, 3ª xornada: INFANTIL B - SPORTING CAMBRE, o domingo 16 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo 7)