RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Catro partidos con representación de #ANOSACANTEIRA xóganse mañá domingo.

Ás 12:00, o Fabril recibe en Abegondo ao Arosa SC do ex técnico fabrilista Luisito. Nas filas arousás milita ademais outro ex canteirán branquiazul, Mario Domínguez.

Despois do empate da pasada fin de semana tamén na Cidade Deportiva ante o Alondras CF, os pupilos de Óscar Gilsanz marchan sextos na clasificación de Tercera RFEF con 4 puntos; mentres que o Arosa SC é segundo con pleno de triunfos nos 2 partidos disputados.

Será baixa obrigada David Mella, concentrado coa selección española sub-18 nun torneo en Bursa (Turquía).

A convocatoria do Fabril está formada por todo o cadro fóra de Tim, lesionado nun xeonllo, e o citado Mella.

O Club mantén activo o protocolo de apertura da Cidade Deportiva.

Todo o público debe retirar entrada, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional para todas as persoas socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir o seu ID de socio e 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada. Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición, localización e aforamento na instalación. O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completada a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Tamén ao mediodía do domingo, o Infantil visita ao Pabellón Ourense CF e o San Tirso SD Infantil recibe no Monte ao EF Portero 2000.

Con descanso para o Xuvenil A esta semana, a xornada de partidos oficiais en #ANOSACANTEIRA pecharaa o partido do Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira División Autonómica, ás 18:30 nas Eiroas co Bergantiños CF como rival.

Non estará coas orzanistas Elena Vázquez, que participa coa selección española sub-17 nun torneo clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría.

#ONOSODERBI na División de Honra cadete é un dos partidos destacados esta fin de semana. Na terceira xornada, os dous grandes candidatos ao título víronse as caras en Abegondo, con triunfo branquiazul (3-1). Os celestes adiantáronse na primeira metade pero na segunda parte, os goles de José Rey -2- e de Lucas deron a volta ao marcador.

Ademais gañou na Cidade Deportiva o Xuvenil B ao Alondras CF (3-0); e empatou no Monte o San Tirso SD Cadete fronte ao CD Lugo (2-2).

En Primeira Nacional, o Deportivo ABANCA B, reforzado coa goleada do pasado domingo en Abegondo ante o CD Oceja (7-0), visitou ao Real Oviedo B no duelo de filiais despois de que fai sete días víronse as caras os primeiros equipos en Primera Federación FutFem.

Kevin Cabado puido contar neste partido coas futbolistas que estiveron en dinámica do primeiro equipo nesta pasada pretemporada e mesmo chegaron a debutar en partido oficial, caso de Paula Novo, Paula Monteagudo, Marta Rico e Noela.

Un gol de Tati, outra futbolista no radar de Irene Ferreras, valeu os tres puntos para o filial feminino: 0-1.

Finalmente, continúan en pretemporada os alevíns e benxamíns, con novos torneos amigables en Ermua (Biscaia) e Velle (Ourense); e o Orzán SD Cadete Feminino B e o Orzán SD Infantil Feminino, con amigable mañá domingo pola tarde na Grela.

Sobresaíron hoxe sábado o Benxamín A, campión no Memorial Manolo Carrera de Velle, co Fabril FC Benxamín cuarto; e o Fabril FC Alevín, subcampión do Torneo Nacional de Ermua.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera RFEF
3ª xornada: FABRIL - AROSA SC, o domingo 25 de setembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, 3ª xornada: REAL OVIEDO B 0 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Tati)

Primeira División Autonómica, 3ª xornada: BERGANTIÑOS CF - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 25 de setembro ás 18:30 nas Eiroas (Carballo)

Amigable: ORZÁN SD CADETE FEMININO B - ARZÚA SD, o domingo 25 de setembro ás 20:00 na Grela 1 (A Coruña)

Amigable: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - ARZÚA FCF, o domingo 25 de setembro ás 18:00 na Grela 1 (A Coruña)

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 3ª xornada: XUVENIL B 3 (Mesfin -2- e Samuel) - ALONDRAS CF 0

Categoría cadete
División de Honra, 3ª xornada: CADETE 3 (José Rey -2- e Lucas) - RC CELTA 1

División de Honra, 3ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Janusz e Iker Fernández) - CD LUGO 2

Categoría infantil
División de Honra, 2ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - INFANTIL, o domingo 25 de setembro ás 12:00 no campo Miguel Ángel, nos Remedios (Ourense)

División de Honra, 2ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - EF PORTERO 2000, o domingo 25 de setembro ás 12:00 no Monte (San Tirso)

Categoría alevín
Domingo 25 de setembro
X Memorial Manolo Carrera en Monte da Aira (Velle)
Primeira Fase
10:40: ALEVÍN A - FC XINZO (campo 1)
12:00: CD VELLE - ALEVÍN A (campo 1)
12:40: ALEVÍN A - CDC SANTA TERESITA (campo 1)
Os dous primeiros accederán á Fase Final mentres que os outros dous equipos xogarán unha Fase de Consolación.

Sábado 24 de setembro
X Torneo Nacional no Complexo de Betiondo (Ermua, Biscaia)
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Nacho Villanueva -2-, Álvaro Gómez e David Gómez) - DEPORTIVO ALAVÉS 1
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Iván Gil e Nacho Villanueva) - REAL MADRID 3
ERMUA BLUES A 1 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Álvaro Gómez -2- e Martín López)

Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Hugo Macedo -2-, Nacho Villanueva e David Gómez) - REAL VALLADOLID 1

Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 1 (David Gómez) - REAL ZARAGOZA 0

Final
FABRIL FC ALEVÍN 0 - REAL MADRID 2

O conxunto fabrilista foi brillante subcampión.

Categoría benxamín
Sábado 24 de setembro
X Memorial Manolo Carrera en Monte da Aira (Velle)
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Breogán Díez -2-, Andrés Valencia, Mateo Cardelle, Mateo Songo'o e Alberto Novo) - CD BOSCO 0
BENXAMÍN A 3 (Alejandro Astray -2- e Hugo Quintela) - MONFORTE CF 0
CD VELLE 0 - BENXAMÍN A 1 (Xiao Fontao)
CD LA PURÍSIMA 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Mateo Songo'o -2- e Andrés Valencia)
BENXAMÍN A 9 (Miguel Candal -3-, Hugo Bujía -2-, Alejandro Astray -2-, Thiago López e Hugo Quintela) - SPORTING CELANOVA 0
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Mateo Songo'o -2- e Alberto Novo) - OURENSE CF 0

Fase Final
Cuartos de final
BENXAMÍN A 10 (Miguel Candal -3-, Hugo Bujía -2-, Alejandro Astray -2-, Javi Meiriño -2- e Thiago López) - CD LA PURÍSIMA 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Mateo Songo'o e Breogán Díez) - CD VELLE 0

Semifinal
BENXAMÍN A 3 (Alejandro Astray, Hugo Quintela e Miguel Candal) - RC CELTA B 0
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - PABELLÓN OURENSE CF 2

Final de consolación
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - RC CELTA 2

Final
BENXAMÍN A 3 (Hugo Quintela, Alejandro Astray e Miguel Candal) - PABELLÓN OURENSE CF 0

O Benxamín A foi campión mentres que o Fabril FC Benxamín acabou na cuarta posición. Ademais, Miguel Candal foi elixido mellor xogador do torneo.