RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Onte venres 14 de decembro arrancou unha nova xornada de liga en #ANOSACANTEIRA, co partido do Infantil B ante a Santa María del Mar en Abegondo, correspondente ao grupo 1º da Primeira Autonómica; e que se saldou con claro triunfo deportivista: 7-0.

A fin de semana hai ademais outros 4 partidos na Cidade Deportiva. Dous deles foron hoxe sábado 15 (2-0 do Xuvenil A e 1-2 do Xuvenil B) e outros 2 mañá domingo 16 (Fabril ás 12:00 e Cadete A ás 11:00).

Para o partido do filial deportivista, coa CyD Leonesa como rival, os socios teñen entrada gratuíta. Para os afeccionados da Cultural e Deportiva Leonesa as entradas están á venda en León a través do Club.

O conxunto de Sergio Pellicer busca, ante un rival da zona alta, facer bo o empate da pasada fin de semana en Salamanca.

O técnico fabrilista ten dispoñible a todo o seu cadro, fóra de Bicho.

O resto de choques en Abegondo son tamén de entrada libre para os socios do Dépor; pero neste caso a entrada de público vale 3 euros.

Competiron fóra de casa, o sábado ás 16:00, o Cadete B (1-1 en Oroso) e o Infantil A (0-4 en Santiago ante o CD Conxo).

Esta fin de semana toca descanso para o Deportivo ABANCA B debido aos compromisos das seleccións galegas sub-15 e sub-17.

Finalmente, os partidos dos dous equipos alevíns pásanse á próxima semana (sábado 22 de decembro o A e martes 18 de decembro o B), debido aos torneos amigables de Cornellá e Alemaña.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
17ª xornada: FABRIL - CyD LEONESA, o domingo 16 de decembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 17ª xornada: XUVENIL A 2 (César e Álex) - REAL OVIEDO 0

Liga Nacional, 16ª xornada: XUVENIL B 1 (Mario) - CD CONXO SANTIAGO 2

Categoría cadete
División de Honra, 16ª xornada: CADETE A - CD CONXO SANTIAGO, o domingo 16 de decembro ás 11:00 en Abegondo (campo 7)

Liga Galega, grupo norte, 16ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO 1 - CADETE B 1 (Gabriel)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 16ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 0 - INFANTIL A 4 (Martín, Carreira, Noah e Martiño)

18ª xornada: INFANTIL B 7 (Mardones, Óscar -2-, Hodei, David -2- e Álvaro) - SANTA MARÍA DEL MAR 0

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 10ª xornada: CD CALASANZ A - ALEVÍN A, o sábado 22 de decembro ás 13:00 horas (campo pendente de designar)

Segunda Comarcal A Coruña, 7ª xornada: ORILLAMAR SD B - ALEVÍN B, o martes 18 de decembro ás 19:00 en Abegondo

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 7ª xornada: VICTORIA CF A 2 - BENXAMÍN A 2 (Nico -2-)

Segunda Comarcal A Coruña, 7ª xornada: VICTORIA CF C 0 - BENXAMÍN B 7 (Iago Lameiro -3-, Raúl -2-, Hugo e Pablo Vara)