RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo, co Fabril en Abegondo ás 12:00

O partido do Fabril ante o Bergantiños CF, mañá domingo 28 de febreiro ás 12:00, é o partido máis destacado da xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Juan Carlos Valerón citou a todo o seu cadro, ademais dos seguintes xuvenís: Jairo, Guille Bueno, Yeremay e Trilli. Son baixa por lesión Manu Mosquera, Iván Guerrero, Reinoso e Juan Cambón.

O choque xogarase con 150 persoas na bancada de acordo ao establecido polas autoridades sanitarias. O Club lembra aos afeccionados que antes de desprazarse a Abegondo comproben se poden viaxar até as instalacións desde os seus lugares de residencia.

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19.

Tamén cada asistente deberá pasar un control de temperatura, higienizar as súas mans, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada no punto de control de accesos (estará identificada cun adhesivo verde de ASENTO DISPOÑIBLE) e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños. Non haberá servizo de bar nin está permitido introducir e consumir alimentos ao interior da Cidade Deportiva), respectando en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros nos controis de acceso e durante a permanencia no interior da instalación.

Mañá domingo, pero pola tarde (17:00), o Xuvenil A recibe ao Pabellón Ourense CF no subgrupo A da División de Honra. Os branquiazuis atravesan un bo momento de xogo como se puido comprobar a pasada fin de semana coa goleada ao Racing de Ferrol. E iso que Óscar Gilsanz ve como varios dos seus xogadores adéstranse con asiduidade co Deportivo; caso de Dani Barcia, Brais ou Adrián; ou como outros son habituais nas convocatorias do Fabril, como os catro convocados ante o Bergantiños CF anteriomente mencionados.

Hoxe sábado, tamén en Abegondo, xogaron o Deportivo ABANCA B (6-0 ao Atlético Arousana) e o Xuvenil B (2-1 fronte ao CD Lugo B). Ambos os equipos están instalados na zona alta da clasificación dos seus respectivos subgrupos.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
Subgrupo A, 18ª xornada: FABRIL - BERGANTIÑOS CF, o domingo 28 de febreiro ás 12:00 en Abegondo (campo principal)

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 15ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 6 (María Calvo, Navia, Andrea Ansede, Tati -2- e Sara Álvarez) - ATLÉTICO AROUSANA 0

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 17ª xornada: XUVENIL A - PABELLÓN OURENSE CF, o domingo 28 de febreiro ás 17:00 en Abegondo

Liga Nacional, subgrupo A, 14ª xornada: XUVENIL B 2 (Martín Ochoa -2-) - CD LUGO B 1