RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo, co Fabril en Arteixo

Mañá domingo, a visita do Fabril, líder da Tercera RFEF unha semana máis, ao Atlético Arteixo, ás 12:00 en Ponte dos Brozos, é un dos partidos atractivos da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

O choque supón un novo derbi para os de Óscar Gilsanz posto que a semana pasada, o filial branquiazul tombou en Abegondo (3-2) ao Silva SD. Dani Barcia e Brais Val, que hoxe se adestraron co primeiro equipo, entraron finalmente na lista de Óscar Gilsanz, que se completa con estes xogadores: Brais Suárez, Hugo Ríos, Currás, Marcel, Iano Simão, Fito, Puerto, Jairo, Barba, Marc, Nájera, Iván, Diego Gómez, Martín Ochoa, Iñaki e Jesús Ares.

Tamén mañá, o Xuvenil B e Cadete enfróntanse na Cidade Deportiva ao Pabellón Ourense CF (12:00) e ED Xuventude de Oroso (11:30) respectivamente. No equipo cadete é baixa segura José Rey, concentrado coa selección española sub-16 no Torneo Football Federations Cup en Alfaz del Pí (Alacante).

Fóra de casa a Infantil visita ao Arosa SC (12:00) e o Orzán SD Xuvenil Feminino xógase o liderado da Primeira Autonómica en Vigo ante o Sárdoma CF B (12:30). As viguesas, na cabeza, chegan ao choque 1 punto por diante das orzanistas.

Pechará a xornada da fin de semana en San Pedro de Visma o Orzán SD Cadete B Feminino (18:00), que se enfronta ao Silva SD na Segunda Autonómica.

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron cita en Abegondo hoxe sábado 26.

O Dépor ABANCA B goleou (5-0) ao UD Llanera. As branquiazuis, consolidadas no liderado da Primeira Nacional, certifican a súa novena vitoria consecutiva en liga despois do empate sen goles na primeira xornada no campo do Victoria CF e presentan a súa candidatura a pelexar polo título.

No outro choque na instalación branquiazul, o Xuvenil A dobregou (3-0) ao Deportivo Roces. O equipo de Manuel Pablo mantense a 1 punto do líder, o RC Celta, na táboa da División de Honra xusto antes do #ONOSODERBI da próxima semana en Vigo.

Ademais dos alevíns e benxamíns na Torre, o outro equipo que xogou en casa foi o San Tirso SD Infantil, no Monte ante o Bergantiños CF (5-1).

Fóra competiron o San Tirso SD Cadete ante o Victoria CF (1-1), o Orzán SD Cadete Feminino ante o Colegio Obradoiro (1-6) nun partido da parte alta da clasificación da Liga Galega; e o Orzán SD Infantil Feminino en Arzúa (0-8).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera RFEF
10ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - FABRIL, o domingo 27 ás 12:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría feminina
Primeira Nacional, 11ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 5 (Tati Barcia -2-, Paula Novo, Elena López 'Cusi' e unha futbolista rival en propia meta) - UD LLANERA 0

Primeira Autonómica, 12ª xornada: SÁRDOMA CF B - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 27 de novembro ás 12:30 nas Relfas (Vigo)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 8ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - SILVA SD, o domingo 27 de novembro ás 18:00 en San Pedro de Visma 2

Liga Galega Cadete, subgrupo A, 8ª xornada: COLEGIO OBRADOIRO 1 - ORZÁN SD CADETE FEMININO 6 (Emma Gandoy, Candela Fernández, Sofía Rodríguez, Sofía Paz, Daniela Basalo e Mica Baratelli)

Liga Galega Infantil, subgrupo A, 7ª xornada: ARZÚA FCF 0 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 8 (Naira Fontenla -2-, Marta Moreno, Noela García, Martina Vázquez, Sarai Brenda, Ari Barros e Carolina Lago)

Categoría xuvenil
División de Honra, 12ª xornada: XUVENIL A 3 (Kevin -2- e Carreira) - DEPORTIVO ROCES 0

Liga Nacional, 12ª xornada: XUVENIL B - PABELLÓN OURENSE CF, o domingo 27 de novembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría cadete
División de Honra, 12ª xornada: CADETE - ED XUVENTUDE DE OROSO, o domingo 27 de novembro ás 11:30 en Abegondo

División de Honra, 12ª xornada: VICTORIA CF 1 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Miguel de Labra)

Categoría infantil
División de Honra, 10ª xornada: AROSA SC - INFANTIL, o domingo 27 de novembro ás 12:00 no campo Manuel Jiménez Abalo (Vilagarcía)

División de Honra, 10ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Sergio, Iago Varela, Nikolay, Guille e Antón) - BERGANTIÑOS CF 1

Categoría alevín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 4ª xornada: ATLÉTICO CASTROS 0 - ALEVÍN A 8 (Iker Obeso -4-, Yael López -2-, Thiago Montes e Mario González)

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º, 4ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO 0 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Iván Gil, Álvaro Gómez, Hugo Pousa e Hugo Macedo)

Categoría benxamín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 4ª xornada: BENXAMÍN A 14 (Alejandro Astray -4-, Miguel Candal -3-, Mateo Carballeira -2-, Pablo Sánchez, Xiao Fontao, Hugo Quintela, Thiago López e Hugo Bujía) - CF DEPORTIVO ORZÁN 0

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 4ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Mateo Cardelle -2-, Leo Lorenzo, Mateo Songo'o -2- e Diego Castelo) - OZA JUVENIL SD 3