RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo, coa atención posta na TVG 2 e o Xuvenil A

A Televisión de Galicia, a través da súa emisión por televisión (TVG 2) e a súa plataforma web www.crtvg.es/deportes/directo, ofrecerá mañá domingo 20 xuño ás 12:00 en directo desde o Anexo ao Estadio de Gran Canaria o partido de volta de cuartos de final da Copa de Campións Xuvenís que enfronta ao RC Deportivo e á UD Las Palmas, con vantaxe para os branquiazuis de 2-1 após o partido disputado en Abegondo.

En caso de superar á UD Las Palmas, o rival deportivista en semifinais, a partido único, será o vencedor dos cuartos de final entre o Real Madrid e o Atlético de Madrid. Na ida venceron os brancos (2-1).

Tamén mañá ás 11:00 na Torre enfróntanse o Benxamín A e o Atlético Coruña Montañeios CF A, con motivo da segunda xornada da segunda fase da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito. Nesta competición tamén participa o Fabril FC Benxamín, que ten xornada de descanso despois do partido disputado o pasado xoves ante o Benxamín A en a primeira xornada e que se saldou co lóxico triunfo deste último (6-0).

Hoxe sábado na Cidade Deportiva branquiazul, o Cadete A (2-2 ante o San Tirso SD) e Infantil A (7-1 fronte ao CD Lugo) selaron o pase ás semifinais da División de Honra e Liga Galega respectivamente na última xornada da segunda fase.

Ademais, no campo Víctor Fernández Alonso (antigo campo da Leyma), o Alevín venceu (6-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF na semifinal da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once. O Victoria CF A será agora o rival na final.

Os alevíns e os benxamíns do Deportivo foron os protagonistas o pasado xoves 17 de xuño no campo de herba sintética de Abegondo no arranque da xornada semanal en #ANOSACANTEIRA.

Ademais do citado choque entre o Benxamín A e o Fabril FC Benxamín, o Alevín A impúxose (3-1) ao Fabril FC Alevín na gran final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito. Ambos os conxuntos chegaron a este partido após ser campións dos seus respectivos subgrupos.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría xuvenil
Copa de Campións, cuartos de final, volta: UD LAS PALMAS - XUVENIL A, o domingo 20 de xuño ás 11:00 (12:00 na península ibérica) no Anexo ao Estadio Gran Canaria. Na ida: 1-2

Categoría cadete
División de Honra, segunda fase, grupo A2, 3ª xornada: SAN TIRSO SD 2 - CADETE A 2 (Álex Delgado e Marco Baña)

Categoría infantil
Amigable (xogado o pasado mércores): SAN TIRSO SD B (cadete) 3 - INFANTIL A 4 (José Rey -2-, Jairo e Jhonny)

Liga Galega, segunda fase, subgrupo A1 norte, 3ª xornada: INFANTIL A 7 (José Rey -3-, Rubén -2-, Daniel e Samuel) - CD LUGO 1

Categoría alevín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, semifinal: ALEVÍN 6 (Paulo -4-, Uxío e Nico) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, final (xogado o pasado xoves): ALEVÍN A 3 (Paulo -2- e Gael) - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Guille)

Categoría benxamín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, Fase Final, 1ª xornada (xogado o pasado xoves): BENXAMÍN A 6 (Íker -3-, Mario, Yael e Thiago) - FABRIL FC BENXAMÍN 0

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, Fase Final, 2ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A - BENXAMÍN A, o domingo 20 de xuño ás 11:00 na Torre (campo 1.1)