RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo, con cita só para Fabril e Xuvenil B

Mañá domingo 8 de marzo xóganse 2 partidos en #ANOSACANTEIRA.

En Terceira División, a Fabril visita ao UD Somozas ás 17:00 horas. Os fabrilistas, após o empate do pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante o Bergantiños CF, buscan os 3 puntos que lles permitan achegarse a posicións de playoff de ascenso a Segunda División B.

Luisito, técnico fabrilista, citou aos seguintes xogadores: Alberto, Boian, Juan Rodríguez, Iago Parga, Valín, Villares, Martí Vilà, Kanouté, Gandoy, Novo, David Sánchez, Aarón Sánchez, Javi Sánchez, Pedro, Mario Losada e Bourdal.

Caen de maneira forzosa Álex Cobo, lesionado; e Mujaid, citado por Fernando Vázquez.

E en Abegondo, o Xuvenil B, en plena loita pola segunda praza da liga Nacional, recibe (12:00 horas) ao CVC Valladares.

O resto de encontros con representación deportivista disputáronse hoxe sábado. Na Cidade Deportiva, o Xuvenil A impúxose (2-1) ao Real Oviedo con dobrete de Peke; e lonxe de Abegondo, ademais dos alevíns e benxamíns en La Torre; o Cadete B levou os 3 puntos na Gándara 2 ante o Racing de Ferrol (2-3), con gol no último minuto de Matos; e o Infantil B, que presentou varias baixas sensibles, caeu co Victoria CF B (4-0) no campo coruñés da Leyma.

Teñen parón ligueiro esta fin de semana o Deportivo ABANCA B, Cadete A e Infantil A.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
27ª xornada: UD SOMOZAS - FABRIL, o domingo 8 de marzo ás 17:00 no campo Alcalde Manuel Candocia (As Somozas)

Categoría xuvenil
División de Honra, 25ª xornada: XUVENIL A 2 (Peke -2-) - REAL OVIEDO 1

Liga Nacional, 24ª xornada: XUVENIL B - CVC VALLADARES, o domingo 8 de marzo ás 12:00 en Abegondo

Categoría cadete
Liga Galega, grupo norte, 24ª xornada: RACING DE FERROL B 2 - CADETE B 3 (Mardones, Marco Baña e Matos)

Categoría infantil
Primeira Autonómica, grupo 1º, 25ª xornada: VICTORIA CF B 4 - INFANTIL B 0

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 4ª xornada: OZA JUVENIL SD 0 - ALEVÍN A 9 (Leandro -2-, Borja -2-, Xabi, Marcos, Diego, David e Janusz)
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 5ª xornada: ALEVÍN A - SDCyR NARÓN O FREIXO, o martes 10 de marzo ás 19:15 en Abegondo

Liga Comarcal, 13ª xornada: ALEVÍN A 2 (David e Anxo) - OUTES FC B 0

Amigable, xogado o pasado martes: ALEVÍN B 3 (Paulo, Íker e Mario Camba) - SELECCIÓN DO BARBANZA 3
Primeira C, 12ª xornada: ALEVÍN B 2 (Íker e Paulo) - IMPERÁTOR OAR C 2

Categoría benxamín
Liga Comarcal, 13ª xornada: BENXAMÍN A 6 (Pablo Vara, Iago Lameiro, Pablo Somoza, Iago Varela, Lucas Vázquez e Rodrigo) - VICTORIA CF A 0

Amigable, xogado o pasado martes: BENXAMÍN B 12 (Thiago -4-, Javi Barral -2-, Yael -2-, Mario -2-, Íker e Mateo) - SELECCIÓN DO BARBANZA 3
Primeira C, 12ª xornada: VICTORIA CF B 1 - BENXAMÍN B 5 (Thiago -2-, Yael e Mateo -2-)