RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo, con Dépor ABANCA B e Xuvenil A no foco

Mañá domingo hai dous partidos que sobresaen na xornada de #ANOSACANTEIRA.

O Dépor ABANCA B, líder da liga Nacional, recibe en Abegondo (16:00) ao Real Oviedo B, 3º na táboa.

As deportivistas perderon a Paula Novo por lesión para o que resta de temporada, pero celebran a nova convocatoria de Elena Vázquez para a selección española sub-17 para disputar un amigable ante Estonia o vindeiro mércores 8 de febreiro ás 11:00 na Cidade do Fútbol das Rozas (Madrid). Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez é titular no Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira Autonómica (categoría sénior) e tamén goza de minutos no Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Nacional. O pasado día 12, Elena Vázquez tamén tivo minutos de xogo no último partido amigable da sub-17 feminina, resolto con goleada española fronte a Alemaña (4-0). A futbolista carballesa xa disputou en setembro de 2022 a Rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría, na que logrou o billete para a seguinte fase. Elena Vázquez concentrarase o luns 6 de febreiro co combinado nacional.

Kevin Cabado citou para medirse ás ovetenses a estas xogadoras: Nuria Gómez, Reigosa, María Calvo, Uxía Cabada, Lucía Mariño, Elena López 'Cusi', Lucía Couto, Celia, Carmen Carballada, Laura Testa, Marta Rico, Tati e Laura Otero; ademais de Elena Vázquez, Sara Cercido, Abril Pazos, Laura Santos e Lucía Rivas, todas elas cadetes do Orzán SD.

En Mareo, o Xuvenil A, 3º da División de Honra con 44 puntos, visita ao Sporting de Gijón, líder con 45. O choque arrincará ás 15:45. Á espera do que ocorra neste encontro está o RC Celta, 2º tamén con 44 puntos.

Completan a xornada dominical o partido en O Monte entre o San Tirso SD Infantil e o CD Areosa (12:00) e o da Grela 1 entre o Orzán SD Cadete B Feminino (20:00) ante o Torre SD, co que se porá o punto e final ao fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Hoxe sábado 4 de febreiro viviuse un carrusel de partidos en Abegondo.

O choque destacado foi o do Fabril ante o CD Estradense, correspondente á 19ª xornada en Terceira RFEF. Os pupilos de Óscar Gilsanz defenderon con éxito (0-0) o liderado o pasado domingo no campo do Arosa SC, o seu inmediato perseguidor. E esta tarde, dobregaron ao CD Estradense (3-0) con goles de Martín Ochoa, Dani Barcia e Iván; co que afianzan o liderado.

Así mesmo, hoxe sábado gañaron en Abegondo o Xuvenil B ante o ED Xuventude de Oroso (2-0) e o Cadete ante o CD Lérez (6-1); mentres que en O Monte fíxoo no tramo final o San Tirso SD Cadete fronte ao ED Val Miñor (1-0), con tanto de Frank.

No equipo cadete deportivista, Pablo García Taboada estivo concentrado esta pasada semana coa selección española sub-15 con motivo dun dobre amigable ante Polonia, ambos no Estadio Guillermo Amor de Benidorm e resoltos con triunfo español: 3-0 o martes 31 e 4-1 o pasado xoves. No primeiro deles o canteirán branquiazul foi titular e o xoves, no segundo dos partidos, saltou ao céspede no minuto 65.

Na Coruña, ademais dos partidos de alevíns e benxamíns na Torre, o Orzán SD Cadete Feminino venceu ao SCD Milagrosa (10-0).

Competiron con éxito lonxe de casa o Orzán SD Xuvenil Feminino en Noia (1-5); o Infantil en Pontevedra ante o EF Portero 2000 (0-6); e o Orzán SD Infantil Feminino en Oleiros ante o AD Cristo Rey (0-6).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
19ª xornada: FABRIL 3 (Martín Ochoa, Dani Barcia e Iván) - CD ESTRADENSE 0

Categoría feminina
Primeira Nacional, 18ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL OVIEDO B, o domingo 5 de febreiro ás 16:00 en Abegondo

Primeira Autonómica, 19ª xornada: CF NOIA 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 5 (Laura Santos, Iria Otero -2-, Sara Cercido e Noe Gómez)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 15ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - TORRE SD, o domingo 5 de febreiro ás 20:00 na Grela 1

Liga Galega cadete, subgrupo A, 15ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO 10 (Sofía Paz -3-, Sofía Rodríguez -3-, Mica Baratelli, Ánxela Prado, Valeria Montero e Candela Fernández) - SCD MILAGROSA 0

Liga Galega infantil, subgrupo A, 13ª xornada: AD CRISTO REY 0 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 6 (Martina Vázquez, Uxía Fariña, Marta Moreno -3- e Sarai Brenda)

Categoría xuvenil
División de Honra, 19ª xornada: SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, o domingo 5 de febreiro ás 15:45 en Mareo

Liga Nacional, 19ª xornada: XUVENIL B 2 (Domínguez e Adrián) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

Categoría cadete
División de Honra, 21ª xornada: CADETE 6 (Rubén, Samuel, Dani, José Rey, Pablo Pereda e Lucas) - AJ LÉREZ 1

División de Honra, 21ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Frank) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0

Categoría infantil
División de Honra, 18ª xornada: EF PORTERO '2000' 0 - INFANTIL 6 (Iago Vázquez, Nico -2-, Mauro e Íker Rozada -2-)

División de Honra, 18ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD AREOSA, o domingo 5 de febreiro ás 12:00 en O Monte

Categoría alevín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 11ª xornada: ALEVÍN A 11 (Hugo Caridad -4-, Javi Barral -3-, Daniel Alonso, Yael López, Mateo Varela e David Ramos) - OZA JUVENIL SD 0

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º, 11ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 7 (Álvaro Gómez -3-, David Gómez -3- e Hugo Pousa) - SANTA CRUZ CF 0

Categoría benxamín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 11ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - BENXAMÍN A 6 (Miguel Candal -3-, Alejandro Astray, Mateo Carballeira e Hugo Quintela)

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 11ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 0 - CD CALASANZ 4